Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premio_xerais_novela_2014

Presentación en Santiago de “Dende o conflito” de María Reimóndez

O mércores, 4 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith, rúa Travesa, 7 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Dende o conflito de María Reimóndez, Premio Xerais de Novela, 2014. No acto, organizado pola libraría Lila de Lillith e Xerais, participarán Montse Dopico, Manuel Bragado e María Reimóndez.

María Reimóndez reinvindica en «Dende o conflito» o activismo das reporteiras de guerra. Reportaxe de Jaureguizar

O xornalista e escritor Jaureguizar publicou en El Progreso unha reportaxe sobre Dende o conflito, de María Reimóndez. A reportaxe pode lerse ou descargarse neste enlace.

Presentación en Betanzos de “Dende o conflito” de María Reimóndez

O venres, 19 de decembro, ás 20:00 horas, na libraría Biblos, rúa Santiago, 4, de Betanzos, terá lugar a presentación da novela Dende o conflito de María Reimóndez , Premio Xerais de Novela, 2014. No acto participarán a xornalista Silvia Carregal e María Reimóndez.

«Contos do mar de Irlanda» de Xurxo Souto e «Dende o conflito», de María Reimóndez encabezan os libros máis vendidos en Narrativa. «Escarlatina, a cociñeira defunta», a lista de literatura infantil

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante o mes de novembro a partir da información proporcionada por 11 librarías galegas. Contos do mar de Irlanda de Xurxo Souto  e  Dende o conflito, de María Reimóndez encabezan de xeito compartidos a lista dos libros máis vendido no  ámbito da narrativa.

A mellor novela de María Reimóndez: «Dende o conflito», de María Reimóndez. Crítica de Montse Pena Presas

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Dende o conflito, de María Reimóndez, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2014. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Prosa áxil e transparente: «Dende o conflito», de María Reimóndez. Crítica de María Xesús Blanco

O blog de Barbantia publicou un artigo de María Xesús Blanco sobre Dende o conflito, de María Reimóndez.

María Solar: «Dende o conflito, de María Reimóndez, tiroume da fibra». Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación en Lugo de Dende o conflito, de María Reimóndez.   «Dende o conflito» Moi interesante resultou a conversa da xornalista María Solar e a escritora María Reimóndez sobre Dende o conflito, a novela gañador ado Premio Xerais de Novela 2014.

Presentación en Lugo de “Dende o conflito” de María Reimóndez

O venres, 14 de novembro, ás 20:00 horas, na librería Trama, Avda da Coruña, 21 de Lugo, terá lugar a presentación do libro Dende o conflito de María Reimóndez, Premio Xerais de Novela, 2014. No acto, enmarcardo nas actividades de “Os venres nas librerías”, participarán María Solar, Manuel Bragado e María Reimóndez.

María Reimóndez: «Hoxe o máis revolucionario é ser». Crónica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no seu blog, Caderno da crítica, unha anotación sobre a presentación de  Dende o conflito, de María Reimóndez,  a novela gañadora do Premio Xerais de Novela 2014.   Na presentación de “Dende o conflito” (Vigo): «o máis revolucionario é ser» Foi, a do pasado venres, a primeira presentación pública de Dende o conflito, de María Reimóndez.

Contra o poder: «Dende o conflito», de María Reimóndez. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Dende o conflito, de María Reimóndez,  a novela gañadora do Premio Xerais de Novela 2014.   Un Xerais internacional e de actualidade Un historiador e crítico da literatura galega hai xa uns anos caracterizou a narrativa galega actual pola súa traducibilidade.

«Dende o conflito», de María Reimóndez e «Somnámbulos», de Suso de Toro, no ranquing da Tabela dos libros do mes de outubro

Dende o conflito, de María Reimóndez e Somnámbulos, de Suso de Toro, sitúanse no segundo e terceiro posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de marzo na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

«Dende o conflito», de María Reimóndez, o libro máis vendido en Narrativa, xunto con «Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas, en Xuvenil

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante mes de outubro a partir da información proporcionada por 11 librarías galegas. Dende o conflito, de María Reimóndez é o libro máis vendido no  ámbito da Narrativa e Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, é o libro máis vendido en Xuvenil.