Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premios_irmandade_do_libro

«Contos do Mar de Irlanda», de Xurxo Souto, mellor libro do ano nos Premios Irmandade do Libro que conceden os libreiros

Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto resultou elixido a noite do pasado sábado como mellor libro do ano nos Premios Irmandade do Libro que se entregaron na Cidade da Cultura. Ao tempo, a escritora Yolanda Castaño foi galardoada co recoñecemento de autora do ano.

Premio Irmandade do Libro ao mellor libro infantil e xuvenil do ano para a potente triloxía «Ámote Leo A.», de Rosa Aneiros

O xurado do Premio Irmandade do Libro, que organiza a Federación de Libreiros de Galicia concedeulle o pasado sábado o galardón ao mellor libro infantil e xuvenil do ano á triloxía Ámote Leo A., de Rosa Aneiros no transcurso dunha cea celebrada na vila de Rianxo. A triloxía Ámote Leo A.

«A noite branca», de Francisco Fernández Naval, Premio Irmandade do Libro á mellor obra literaria de 2012

O pasado sábado celebráronse en Monforte os Premios Irmandade do Libro, que concede a Federación de Libreiros de Galicia. Como xa informamos o pasado 16 de abril, a autor galardoada este ano en recoñecemento á súa traxectoria e dedicación ao mundo do libro foi María Xosé Queizán. En canto ao premio como mellor iniciativa de fomento da lectura, recibiuno Antonio Reigosa pola web Galicia Encantada.

María Xosé Queizán, galardoada co Premio Irmandade do Libro

A escritora María Xosé Queizán acabada de ser galardoada co Premio Irmandade do Libro ao autor ou autora do ano 2012 en recoñecemento á súa traxectoria e dedicación ao mundo do libro como narradora e como autora de ensaio, teatro, poesía, artigos xornalísticos, tradución etc, así como na dirección da colección As literatas (Xerais) e da revista Festa da Palabra, da que está á fronte desde 1983.