Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: Premios_Xerais

Novos prazos para os Premios Xerais 2020

Debido á declaración do Estado de Alarma, Edicións Xerais de Galicia vese na obriga de publicar unhas novas bases para os seus tres premios literarios que invalidan as anteriores e amplían os prazos de entrega dos orixinais. A nova data límite de recepción de orixinais é o 6 de xullo de 2020. Os Premios serán fallados nos mes de decembro de 2020.   Bases do Premio Xerais de Novela 2020. Modificación de prazos.

Convocados os Premios Xerais 2019

Edicións Xerais de Galicia convoca os Premios Xerais 2019 para orixinais en lingua galega, conforme a normativa vixente, nas modalidades de novela, literatura infantil e literatura xuvenil. O Premio Xerais de novela chega a súa trixésimo sexta edición, o Merlín de literatura infantil acada á trixésimo cuarta e o Jules Verne de literatura xuvenil  á décimo primeira. Cada premio está dotado con 10.000 euros.

María Canosa reinvidica a figura dos avós en «Muriel». Crítica de Carmen Ferreira

O xornal El Correo Gallego publicou unha crítica de Carmen Ferreira sobre a novela  Muriel, de María Canosa, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, ilustrada por Lucía Cobo.

Unha aventura entrañable, cálida e misteriosa: «Muriel», de María Canosa. Tertulia no Club de Lectura de Radiofusión

O Club de lectura Radiofusión debate sobre a novela Muriel, de María Canosa, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, ilustrada por Lucía Cobo.   A Muriel custáballe prender o sono A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas.

Santiago Lopo estará mañá en Gondomar, no club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, para falar da novela «A arte de trobar»

O escritor Santiago Lopo participará en o vindeiro xoves 11 de xaneiro na sesión do club de lectura Sete Vidas de Espazo Lectura, para falar e intercambiar impresións sobre a súa novela A arte de trobar, Premio Xerais 2017.

It might work well in English translation, actually: «A arte de trobar», de Santiago Lopo. Crítica no blog británico «Prose and passion»

O blog británico Prose and passion publica en Oxford unha recensión crítica en inglés sobre a novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais 2017.   A arte de trobar The year is 1237.

Convocados os Premios Xerais 2018

Edicións Xerais de Galicia convoca os Premios Xerais 2018 para orixinais en lingua galega, conforme a normativa vixente, nas modalidades de novela, literatura infantil e literatura xuvenil.

Un dos valores máis firmes da narrativa galega: «A arte de trobar», de Santiago Lopo. Crítica de Manrique Fernández

A web de Comarcas na Rede publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais 2017.   Santiago Lopo, «A arte de trobar» Santiago Lopo gañou este ano o Premio Xerais coa novela «A arte de trobar», un relato de ambientación histórica que se sitúa no século XIII.

O valor dunha novela insubstituíble para o progreso dunha cultura: «A arte de trobar», de Santiago Lopo. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela  A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais 2017.   O valor da cultura, o valor dunha novela Calquera libro ten un valor intrínseco e estimábel en función do que supón para o mantemento e progreso dunha cultura.

Un libro de lectura agarimosa e cálida: «Muriel», de María Canosa. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela Muriel, de María Canosa, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, ilustrada por Lucía Cobo.   Recensión: María Canosa, «Muriel» Tras varios anos como finalista do Premio Merlín de literatura infantil, María Canosa fíxose co galardón en 2017 por Muriel, libro protagonista na recensión de hoxe.

Un tema apaixonante para un historia de camiños cunha trama eficaz: «A arte de trobar», de Santiago Lopo. Crítica de Chus Nogueira

 O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre a novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Santiago Lopo: «Quería poñer en valor a figura das trobadoras en Galicia»

 O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní ao escritor Santiago Lopo sobre a novela  A arte de trobar, Premio Xerais 2017. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.