Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premios_xerais_2009

Rosa Aneiros: «Ás de bolboreta»

Que conta? Na cafetería de Patricia, a Luzada, conflúen cada mañá os camiños polos que transitan os personaxes d’ As de bolboreta. O de Manuel, un neno de orixe africana orfo dobremente ao morrerlle a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó.

«Sol de inverno» ou «o bico dunha cereixa»

Baixo o título «O bico dunha cereixa», P. Abet publicou nas páxinas galegas do suplemento «A&L» de ABC unha crítica de Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009.

Rosa Aneiros, entrevista no «Faro da Cultura»

Natalia Álvarez publica no suplemento «Faro da Cultura» de Faro de Vigo unha longa entrevista (dúas páxinas) con Rosa Aneiros con moitvo da publicación de Sol de inverno e Ás de bolboreta, as novelas gañadoras do Premio Xerais e Premio FundaciónCaixa Galicia. Aquí pode baixarse o pdf da entrevista.

«Mil cousas poden pasar. Libro I», Premio Merlín 2009

Na terceira semana de novembro chegará as librarías os primeiros exemplares do Premio Merlín 2009, Mil cousas poden pasar. Libro I. Escrito e debuxado por Jacobo Fernández Serrano, o groso volume de máis de duascentas páxinas constitúe un fermosímo libro para lectorses e lectoras de nove anos en diante.

«Ás de bolboreta» por Vicente Araguas

HISTORIA DUNHA CAFETARÍA Vello é o mundo, e vella é a invención da taberna (ben o dicía o clásico), antecedente de canto viría despois en materia hosteleira. E se de vello vén industria tan gustosa (para taberneiros e seareiros), antanón resulta tamén o recurso a facer virar ao redor dela a todo un mangado de elementos dispostos os seus criadores a tirar deles o maior proveito.

Dez motivos para ler «Sol de Inverno» por Agustín Agra

Estamos a falar do Premio Xerais de novela. Despois de 30 anos unha garantía máis que contrastada de calidade literaria. A traxectoria literaria da propia autora. A súa obra anterior é a súa mellor carta de presentación. Sol de Inverno non é unha obra alimenticia; é literatura feita dende as entrañas, con paixón e compromiso.

“Cita co Xerais”, comentario de Perozo

“Cita co Xerais”, comentario de Perozo

Xosé Antonio Perozo publica n’ A Nosa Terra un comentario agarimeiro sobre os Premios Xerais. A débeda que a cultura galega ten con Edicións Xerais de Galicia queda compensada cando escoitamos a Manolo Bragado falar das cifras millonarias de libros editados e vendidos ó longo da historia da editorial.

“Sol de Inverno”, Premio Xerais de novela 2009, avance dun capítulo

Aquí pode descargarse en pdf un capítulo das primeiras probas de Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009.

As fotos dos Premios Xerais 2009 no Facebook

As fotos dos Premios Xerais 2009 poden verse no perfil de Facebook de Xerais que xa superou os seus 500 seareiros e seareiras e mantén un nivel de participación e actualización constante.

Fran Alonso, entrevista Premios Xerais 2009

[youtube=https://www.youtube.

Rexina Vega, entrevista Premios Xerais 2009

[youtube=https://www.youtube.

Amanda Bouzada, entrevista nos Premios Xerais 2009

[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=FEu54FQNtK0] Vídeoentrevista a Amanda Bouzada, membro do xurado Premio Fundación Caixa Galicia que premiou á novela Ás de bolboreta de Rosa Aneiros.