Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premios_xerais_2012

Presentación en Vigo de “Palabras de auga” de Marcos Calveiro. Premio Merlín 2012

O venres, 26 de outubro, ás 20:0o, na Casa do Libro de Vigo, rúa Velázquez Moreno, 27 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Palabras de auga de Marcos Calveiro (PREMIO MERLÍN, 2012). No acto participarán Agustín Fernández Paz, Ramón Trigo (ilustrador do libro), Manuel Bragado e Marcos Calveiro.

«Tonas de laranxa», de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón. A complicidade de escribir a catro mans. Reportaxe en Sermos Galiza

Nunha información de Sermos Galiza titulada «Obra a catro mans nos andeis das librarías», céntrase a atención en Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012.   Obras a catro mans nos andeis das librarías O último premio Xerais chega aos andeis das librarías e alimenta a listaxe de obras de autoría compartida.

«Palabras de auga», de Marcos Calveiro: unha viaxe á África máis profunda. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha recensión crítica sobre Palabras de auga, de Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012. Palabras de auga Volvín con ilusión a este texto medianamente coñecido e rematado extraordinariamente. Marcos Calveiro consegue con Palabras de auga o Premio Merlín de Literatura Infantil 2012; está publicado por Xerais e conta coas ilustracións de Ramón Trigo.

Novidade: «Tonas de laranxa», de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012: unha novela que é un acto de amor á lingua

Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012, é unha das novidades para este outono. Premio Xerais de Novela 2012 “Tonas de lanraxa”, a novela gañadora do Premio Xerais 2012, é, segundo os membros do xurado, un «acto de amor á lingua, arrecendente, profundo, vivo, diverso e capaz de espertar a fame do lector ou lectora».

Marcos Calveiro: «’Palabras de auga’ transcorre nun non lugar, no medio dunha sabana erma e seca». Entrevista de Ramón Rozas

Ramón Rozas publicou na Revista! do Diario de Pontevedra unha entrevista a Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012 con Palabras de auga.

Adianto dun capítulo en pdf de «Tonas de laranxa», de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012

Hoxe ofrecémoslles a todos os lectores e lectoras de Xerais o adianto dun capítulo en pdf de Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, novela gañadora do Premio Xerais 2012.

Marcos Calveiro, protagonista

Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012, é hoxe protagonista de Tendencias de El Correo Gallego.   XXVII Premio Merlín de Literatura Infantil. É hoxe o noso protagonista o escritor Marcos Calveiro (Vilagarcía, 1968) quen recibiu o galardón do XXVII Premio Merlín de Literatura Infantil, convocado por Edicións Xerais e dotado con 10.000 euros.

Vídeo de reportaxe sobre os Premios Xerais 2012

Premios Xerais 2012. Intervención de Manuel Bragado, director da editorial

Marcos Calveiro: «Palabras de auga» achega aos nenos outra realidade que non existe nos videoxogos»

Atlántico Diario publicou unha entrevista de Rosé Carrera con Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012 con Palabras de auga.   «Palabras de auga» achega aos nenos outra realidade que non existe nos videoxogos» Marcos Calveiro é xa un nome ben coñecido dentro da literatora xuvenil e tamén de adultos.

Premios Xerais 2012. Entrevistas: Manuel Iglesias Turnes

Premios Xerais 2012. Entrevistas: Xosé Manuel Eyré