Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: premios_xerais_2020

Novos prazos para os Premios Xerais 2020

Debido á declaración do Estado de Alarma, Edicións Xerais de Galicia vese na obriga de publicar unhas novas bases para os seus tres premios literarios que invalidan as anteriores e amplían os prazos de entrega dos orixinais. A nova data límite de recepción de orixinais é o 6 de xullo de 2020. Os Premios serán fallados nos mes de decembro de 2020.   Bases do Premio Xerais de Novela 2020. Modificación de prazos.

Os Premios Xerais 2020 terán novos prazos

Debido á situación extraordinaria na que estamos, Xerais apraza ás datas de recepción de orixinais e fallo dos Premios Xerais 2020. Unha vez recuperada a normalidade, reactivaremos novos prazos. Os orixinais que xa recibimos serán incorporados automaticamente ao concurso de non se que os autores ou autoras soliciten por escrito a súa retirada.

Xerais convoca os seus premios de novela, literatura infantil e xuvenil. Noticia en varios medios de comunicación

  Xerais convoca a 37 edición do Premio Xerais de Novela; a 35 edición do Premio Merlín de Literatura Infantil e a 12 edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.