Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: presente_continuo

María Reimóndez, traducida á lingua Támil, presentou en Madurai o seu libro «Kallin Kadungkobam»

O pasado 2 de setembro, a escritora María Reimóndez presentou en Madurai, na India, o seu poemario A carraxe dunha pedra, que é a tradución ao támil, principalmente, do seu poemario  Presente continuo. A tradución é responsabilidade da poeta Thamizhachi e foi publicada pola editorial támil Uyirmai. O acto foi gravado pola canle de televisión Shruti TV, e durou arredor de tres horas.

María Reimóndez participa no festival literario The Hindu Lit For Life Festival na India

A escritora María Reimóndez participa mañá na India no festival literario The Hindu Lit For Life Festival, no que recitará poemas de Moda galega e Presente continuo (Xerais, 2013). Reproducimos a información e a fotografía de Galicahoxe.com.

O tempo de espertar o mundo: «Presente continuo», de María Reimóndez. Crítica de Natàlia Oriol Fuguet

A revista Grial, que edita Galaxia, publicou unha recensión crítica de Natàlia Oriol Fuguet sobre Presente continuo, o poemario de María Reimóndez.     O tempo de espertar o mundo Non é novo para as lectoras e os lectores de María Reimóndez identificar na súa obra o compromiso e a crítica social e cultural —pensamos, por exemplo, no seu poemario Moda galega (2002), reeditado por Edicións Positivas (2014).

Poética con argumentos de seu: «Presente continuo», de María Reimóndez. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica sobre sobre Presente continuo, o poemario de María Reimóndez. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

María Reimóndez: «Eu non son a mesma que cando fun á India no 94; non deixo de evolucionar». Entrevista de Montse Dopico

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista coa escritora María Reimóndez en torno ao feminismo e aos seus últimos poemarios, entre eles  Presente continuo.   «Constrúese a identidade das mulleres para crear desafección cara ao discurso feminista» María Reimóndez acaba de presentar os seus tres novos poemarios: ‘Moda galega reloaded’, ‘Cousiñas’ e ‘Presente continuo’.

Compromiso e universalismo: «Presente continuo», de María Reimóndez. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre Presente continuo, o poemario de María Reimóndez.

Unha lingua nova para expresar o feminismo e o compromiso: «Presente continuo», de María Reimóndez. Crítica de Montse Pena

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Presente continuo, o novo poemario de María Reimóndez.     Inventar un idioma Máis aló do exotismo As lectoras e lectores de María Reimóndez estamos cinguidos á pedra filosofal da súa escrita:o compromiso.

«Presente continuo»: un texto fascinante e sorprendente

Ramón Nicolás publica nos eu blog unha crónica da presentación de Presente continuo de María Reimóndez celebrada o xoves 20 de decembro na libraría Andel de Vigo. Onte compartín o espazo da renovada libraría viguesa Andel xunto con María Reimóndez para presentar o seu poemario Presente continuo publicado por Xerais.

Renovar a gramática e cuestionar modelos femininos herdados: «Presente continuo», de María Reimóndez. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre  Presente continuo, o novo libro de poesía de María Reimóndez.

«Presente continuo», «O bosque é grande e profundo», «A cegueira» e «Vento e chuvia» na crítica de Armando Requeixo en Ames Radio

Armando Requeixo abordou na sección Radiocrítica de Ames Radio o comentario crítico de varios libros de Xerais:  O bosque é grande e profundo, de Manuel Darriba; Presente continuo de María Reimóndez; A cegueira, de Marcos Abalde Covelo; e Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de Manuel Gago.

Presentación de «Presente continuo» en Vigo

O xoves, 19 de decembro, ás 20:30 horas, na Librería Andel, avenida das Camelias 102 de Vigo presentarase o libro de poemas Presente continuo de María Reimóndez . No acto participarán Ramón Nicolás e a autora.

Capacidade de subverter: «Presente continuo», de María Reimóndez. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou en Praza Pública unha recensión crítica sobre Presente continuo, o novo libro de poesía de María Reimóndez.   María Reimóndez. A luz que non estiña Logo de máis dunha década de vizosa actividade editorial, coido que é innecesario presentarlle a quen isto lea a María Reimóndez, escritora e tradutora luguesa prezada por moi ben recibidos títulos ao longo destes anos.