Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: primo_levi

Un documento memorialístico sobre unha das páxinas máis escuras e crueis da historia recente: «Se isto é un home», de Primo Levi. Crítica de Ramón Nicolás no suplemento Fugas

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o libro: Se isto é un home, de Primo Levi. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha obra mestra da literatura testemuñal: «Se isto é un home», de Primo Levi. Anotación no xornal La Voz de Galicia

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha anotación do escritor Antón Riveiro Coello sobre o libro: Se isto é un home, de Primo Levi. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «Se isto é un home», de Primo Levi. Un referente ineludible da literatura do século XX

Se isto é un home, de Primo Levi, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. O libro está traducido por Xoán Manuel Garrido Vilariño. Se isto é un home é unha obra desgarradora, brutal, que dá conta da vida cotiá de Primo Levi e os seus compañeiros no campo de concentración de Auschwitz-Birkenau durante o nazismo.