Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: quen_dá_a_quenda

Actos de Xerais na Feira do Libro de Santiago 2016

Do 30 de abril ao 10 de maio, na Alameda,  terá lugar a Feira do Libro de Santiago 2016 na que Xerais ten organizados os actos seguintes: Día 2 de maio, luns, ás 20:00 h.: Presentación de De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal  de Mercedes Queixas Zas con Manuel Bragado.   Día 3 de maio, martes, ás 20:30 h.: Presentación de O volframio en Varilongo de Carmen Blanco Ramos con Manuel Bragado.

Presentación en Santiago de “Quen dá a quenda? de Héctor Cajaraville

O mércores, 27 de abril, ás 12:00 horas, na libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6, de Santiago, Héctor Cajaraville manterá un encontro cos alumnos e alumnas do 6º curso de primaria do Colexio Vite e lles presentará o seu libro Quen dá a quenda? Héctor Cajaraville agasallou uns exemplares do libro ao Colexio Vite como agradecemento aos anos que cursou estudos neste centro.

Imaxinación, surrealismo máxico e valores: «Quen dá a quenda?», de Héctor Cajaraville. Crítica en Brabádegos

Imaxinación, surrealismo máxico e valores: «Quen dá a quenda?», de Héctor Cajaraville. Crítica en Brabádegos

O blog de literatura infantil Brabádegos publicou unha recensión crítica sobre a novela Quen dá a quenda?, de Héctor Cajaraville, ilustrado por Ignacio Herández.   Máis alá do souto de Sombreu Chegou ao souto Quen dá a quenda? de Héctor Cajaraville con ilustracións de Ignacio Hernández dentro da colección Merlín de Xerais.

Ben contado, de moi boa feitura, un libro para todos: «Quen dá a quenda?», de Héctor Cajaraville. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobrea novela Quen dá a quenda?, de Héctor Cajaraville, ilustrado por Ignacio Herández. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Diversión e crítica social: «Quen dá a quenda?», de Héctor Cajaraville. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión crítica sobre Quen dá a quenda?, de Héctor Cajaraville, ilustrado por Ignacio Herández, é unha novidade da colección Merlín (De 9 anos en diante).

Novidade: «Quen dá a quenda?», de Héctor Cajaraville, Finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015

Quen dá a quenda?, de Héctor Cajaraville, ilustrado por Ignacio Herández, é unha novidade da colección Merlín (De 9 anos en diante). Finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015 Agochada nunha mesta fraga está a cabana na que desde hai máis dun século ten o seu consultorio a meiga Divina. Ata aquí veñen clientes das máis diversas procedencias.

O recente Premio Xerais de Novela, Héctor Cajaraville, gaña o Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil

O xornalista e escritor Héctor Cajaraville, recente gañador do Premio Xerais de Novela con De remate, foi galardoado onte co Premio Raíña Lupa de Literatura infantil e xuvenil, convocado pola Deputación da Coruña, cunha novela titulada Vidas cruzadas.