Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: quen_salva_un_can

Programa de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2019

Do 1 ao 11 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 1 de agosto, xoves 19:00 horas: Presentación de Quokka Moka de María Solar con ilustracións de Víctor Rivas. Participan Víctor Rivas e María Solar. Ao remate sinatura ilustrada. 19:45 horas:  Conversa entre Érica Esmorís, Quen salva un can e Andrea Maceiras, Conta nove estrelas, Premio Lazarillo 2018.

Érica Esmorís: «Este libro xurdiu dun instante de felicidade». Entrevista no Diario Cultural sobre: «Quen salva un can»

O programa Diario Cultural, da Radio Galega, emitiu unha entrevista coa escritora Érica Esmorís sobre o libro: Quen salva un can. O libro está publicado por Xerais na colección: Merlín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «Quen salva un can», de Érica Esmorís. Aventuras, emoción e humor nunha historia de busca e de sorprendentes achados

Quen salva un can, de Érica Esmorís, ilustrado por Iria Fafián, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. Que farías ti por salvar o teu can? Rai faríao todo.Por amor á súa cadela Nona, Rai lánzase á aventura máis disparatada e, por momentos arriscada, na terra onde os cans falan.