Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: quérote_eu_tampouco

Unha novela que nos fala da desfeita dunha parella por mor dos excesivos ires e vires do home: «Quérote. Eu tampouco», de Cecilia F. Santomé. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha anotación sobre o libro Quérote. Eu tampouco, de Cecilia F. Santomé, publicado por Xerais na colección Milmanda. A crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha aportación fresca ás novidades do verán en lingua galega. «Quérote. Eu tampouco», de Cecilia F. Santomé. Anotación en Disquecool

Disquecool, o medio de tendencias made in Galicia, publicou unha anotación de Raquel C. Pico sobre o libro: Quérote. Eu tampouco, de Cecilia F. Santomé, publicado por Xerais na colección Milmanda. Quérote.

Cecilia F. Santomé: «Con este libro quería transmitir que a realidade non é única, que todo depende de quen a esté a analizar» Entrevista na revista cultural «Inorantes» sobre «Quérote. Eu tampouco»

  A revista cultural de Galicia Inorantes publicou unha entrevista de Ana González Liste á escritora Cecilia F. Santomé sobre o libro: Quérote. Eu tampouco, publicado por Xerais na colección Narrativa (Imaxe: Inorantes).   CECILIA F. SANTOMÉ: “Penso moito en min mesma como receptora dos meus textos.

A historia de dous amantes que se atopan a anos luz de distancia emocional: «Quérote. Eu tampouco», de Cecilia F. Santomé. Entrevista no Dot Matazine

O blog Dot Magazine publicou unha entrevista de Estela Gómez a Cecilia F. Santomé sobre o libro: Quérote. Eu tampouco, publicado por Xerais na colección Milmanda.   Quérote. Eu tampouco, de Cecilia F. Santomé   O pasado mes de abril saíu a luz Quérote. Eu tampouco, a primeira novela de Cecilia F. Santomé. Unha historia sobre amar e ser amado, sobre sobrevivir e fuxir cara adiante.

Cecilia F. Santomé: «Esta novela é o retrato dunha parella na trintena que vive unha situación de conflito íntimo, social e laboral». Entrevista en «Palabra de Gatsby» sobre: «Quérote. Eu tampouco»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez a Cecilia F. Santomé sobre o libro: Quérote. Eu tampouco. O libro está publicado por Xerais na colección Milmanda. Cecilia F. Santomé: “Neste libro quería retratar a zona de grises na que os seus protagonistas se desenvolven, sen héroes/heroínas nin rufiáns de libro” Cecilia F. Santomé (San Simón, Vilalba, 1984).

A apatía e o mecanicismo das relacións sentimentais: «Quérote. Eu tampouco», de Cecilia F. Santomé. Anotación de Diego Ameixeiras

O suplemento Fugas do xornal La Voz de Galicia publicou una anotación do escritor Diego Ameixeiras sobre o libro: Quérote. Eu tampouco, de Cecilia F. Santomé. O libro está editado por Xerais na colección Milmanda. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Presentación en Boiro de “Quérote. Eu tampouco” de Cecilia F. Santomé

O venres 31 de maio ás 20:00 horas, no Centro Social, rúa Principal 77 de Boiro, terá lugar a presentación do libro Quérote. Eu tampouco de Cecilia F. Santomé. No acto, organizado en colaboración coa Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia e o Concello de Boiro, participarán Pastor Rodríguez, Milagros Torrado Cespón e Cecilia F. Santomé.

Cecilia F. Santomé: «As circunstancias dos protagonistas da novela poden ser identificables para calquera persoa entre os 25 e os 40 anos». Entrevista no «Zig Zag Diario» sobre: «Quérote. Eu tampouco»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista con Cecilia F. Santomé, autora do libro: Quérote. Eu tampouco. O libro está publicado por Xerais na colección Milmanda. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Presentación en Lugo de “Quérote. Eu tampouco” de Cecilia F. Santomé

O mércores 15 de maio de 2019, ás 20:00 horas, na librería Lectocosmos, Praza Anxo Fernández Gómez, 3, Lugo, terá lugar a presentación da novela Quérote. Eu tampouco de Cecilia F. Santomé. No acto participarán Raquel Vila-Amado, Cecilia F. Santomé e Fran Alonso.

Cecilia F. Santomé: «O libro fala sobre xente intentando agarrarse ao amor como solución a determinadas carencias». Entrevista no xornal El Progreso sobre: «Quérote. Eu tampouco»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Silvia Iglesia a Cecilia Fernández Santomé sobre o libro: Quérote. Eu tampouco. O libro está publicado por Xerais na colección Milmanda. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Novidade: «Quérote. Eu tampouco», de Cecilia Fernández Santomé. Poden dúas persoas á deriva salvarse mutuamente?

Quérote. Eu tampouco, de Cecilia Fernández Santomé, é unha novidade da colección Milmanda Literaria de Xerais. Poden dúas persoas á deriva salvarse mutuamente? Pode a necesidade de amar e ser amado abondar para sobrevivir cando a burbulla da felicidade estalou en mil anacos? Grace e Frank son dous superviventes de si mesmos nun Londres cheo de focos vitais.