Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: quico_cadaval

Xerais na Feira do Libro de Ribeira (do 16 ao 19 de xullo)

Do 16 ao 19 de xullo terá lugar a Feira do Libro de Ribeira na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 17 de xullo, venres 20:30 h.: Presentación de Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo de X. Ricardo Losada con Manuel Cartea e Manuel Bragado. Día 19 de xullo,  domingo 13:30 h.: Presentación de Rubicundo de María Canosa 21:00 h.:  Presentación de Galicia Encantada.

Presentación de “Vento e chuvia” de Manuel Gago en Santiago

O mércores, 30 de outubro, ás 20:00 horas na Igrexa da Universidade, Praza da Universidade en Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro Vento e Chuvia de Manuel Gago e ilustrado por Manel Cráneo. Participarán Manuel Bragado (director de Xerais), Marco García Quintela (catedrático de Historia Antiga da USC), Manel Cráneo e Manuel Gago.

Presentouse «A filla do ladrón de bicicletas», de Teresa González Costa

Presentouse «A filla do ladrón de bicicletas», de Teresa González Costa

A edición de Arousa do Faro de Vigo deu conta da  presentación do último Premio Merlín de Literatura Infantil, a A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa, organizada polo Concello do Grove e por Xerais. No acto participaron Quico Cadaval, Manuel Bragado e Teresa González Costa e celebrouse na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei. A información pode descargarse en pdf.