Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: quokka_moka

Programa de Xerais na Feira do Libro de Santiago 2020

Do 13 ao 21 de xuño terá lugar, na Alameda de Compostela, a Feira do Libro de Santiago 2020 na que Xerais ten preparado o programa seguinte: SÁBADO 13 de XUÑO 10.20 horas: Pregón de inauguración a cargo de María Solar. 13.00 horas: María Solar asinará Quokka Moka e o resto da súa obra. 18.00 horas: Elba Pedrosa asinará O que non sabías 19.00 horas: Xosé A. Neira Cruz asinará Veleno de tinta impresa e o resto da súa obra.

Unha valiosa ferramenta para educar con respeto e igualdade: «Quokka Moka», de María Solar e Víctor Rivas. Anotación no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Laura Caamaño sobre o libro: Quokka Moka, de María Solar, con ilustracións de Víctor Rivas, publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha fábula que fai fincapé na importancia de asumir as consecuencias dos nosos actos: «Quokka Moka», de María Solar. Anotación de Alba Piñeiro en «Versos e Aloumiños»

A escritora Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños, que dirixe Antonio García Teijeiro, unha anotación sobre o libro: Quokka Moka, escrito por María Solar e ilustrado por Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.

María Solar: «A primeira cousa que aprenden os nenos con este libro é que non é divertido ser a víctima, a persoa da que se rin os demais». Entrevista en «La Pequeteca», de RTVE, sobre: «Quokka Moka»

O programa La Pequeteca, de RTVE -Radio 5-, emitiu unha entrevista coa escritora e xornalista María Solar sobre o libro: Quokka Moka, publicado por Xerais na colección: Merlín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Programa de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2019

Do 1 ao 11 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 1 de agosto, xoves 19:00 horas: Presentación de Quokka Moka de María Solar con ilustracións de Víctor Rivas. Participan Víctor Rivas e María Solar. Ao remate sinatura ilustrada. 19:45 horas:  Conversa entre Érica Esmorís, Quen salva un can e Andrea Maceiras, Conta nove estrelas, Premio Lazarillo 2018.

Unha lectura fantasiosa e divertida coa que entreter a un neno toda unha tarde: « Quokka Moka», de María Solar. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Quokka Moka, de María Solar, ilustrado por Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo 2019

Do 27 de xuño ao 6 de xullo, terá lugar, na rúa do Príncipe e na praza da Farola, a Feira do Libro de Vigo 2019 para a que Xerais preparou este completo programa:

A literatura infantil en galego acada un momento de eclosión. Reportaxe en La Voz de Galicia

O xornal La Voz de Galicia publicou una reportaxe asinada por Olalla Sánchez sobre a literatura infantil en galego na que da conta dos seguintes títulos publicados por Xerais: Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo, de Héctor Cajaraville; Quokka Moka, de María Solar e A guerra dos botóns, de Louis Pergaud. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nestas ligazóns: – Literatura infantil en galego 1.

Un ton divertido e cómico que fará gozar aos lectores: «Quokka Moka», de María Solar. Crítica de María Navarro no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de María Navarro sobre o libro: Quokka Moka, de María Solar, ilustrado por Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección: Merlín. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Programa de Xerais na Feira do Libro de Compostela 2019

Do 28 de abril ao 5 de maio, no paseo central da Alameda de Compostela, vai ter lugar a Feira do Libro de Santiago 2019. Xerais ten organizado o programa seguinte: Día 28 de abril, domingo: 19:00 horas: Obradoiro arredor do libro Quokka Moka de María Solar, ilustrado por Víctor Rivas. Ao remate sinatura de exemplares. Día 2 de maio, xoves: 19:00 horas: Presentación Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros de Pilar G. Rego.

Aventuras e sorpresas adobiadas de humor e desenfado: «Quokka Moka», de María Solar. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Quokka Moka, de María Solar, ilustrado por Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.

María Solar : «Este libro ten un pouso sobre o respecto aos demais e á súa forma de pensar e ser» Entrevista no «Faro da Cultura» sobre: «Quokka Moka»

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha entrevista de Lourdes Varela á escritora e xornalista María Solar sobre o libro: Quokka Moka, ilustrado por Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.