Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: quokka_moka

Entretida, chea de momentos e pasaxes memorables e de moi agradable lectura: «Quokka Moka», de María Solar. Crítica de Armando Requeixo

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre o libro: Quokka Moka, de María Solar, ilustrado por Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección: Merlín. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «Quokka Moka», de María Solar. Unha divertida aventura protagonizada por unha quokka que porá ao seu mundo do revés

Quokka Moka de María Solar, ilustrado por Víctor Rivas, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. Os quokkas son os únicos animais do mundo que sempre sorrín. Unha especie australiana de marsupiais que está en perigo de extinción. Imaxinas un animal que sempre sorrí, pero que é realmente insoportable? Pois esa é a nosa Quokka Moka. Insoportable ata fartar.