Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: radio_galega

«Antoloxía da literatura galega 1981-2011 / Anthology of Galician Literature 1981-2011», de Jonathan Dunne. Valoración de Chus Nogueira no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre a a Antoloxía da literatura galega 1981-2011 / Anthology of Galician Literature 1981-2011, da que é responsable Jonathan Dunne. Chus Nogueira comenta os contidos do limiar de Jonathan Dunne, que, entre outras cuestións, proporciona moita información sobre a difusión da literatura galega fóra.

Dolores Redondo: «Con Amaia Salazar, unha muller, quixen fuxir do cliché do detective clásico». Entrevista na Radio Galega coa autora do bestseller «O gardián invisible»

O Programa Galicia por Diante da Radio Galega emitiu unha entrevista de Kiko Novoa a  Dolores Redondo sobre a novela O gardián invisible, que xa se considera o «bombazo literario» da tempada. Ademais de falar da novela, a autora fala das súas orixes galegas. A entrevista, que pode escoitarse neste enlace, e está no minuto 22.

Francisco X. Fernández Naval: «Houbo persoas que sandaron as súas feridas coa miña novela». Entrevista na Radio Galega sobre «A noite branca»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Anxo Quintela con Francisco X. Fernández Naval sobre a súa nova novela, A noite branca, que conta a historia dos galegos que participan na Segunda Guerra Mundial a través da División Azul.

Chus Nogueira, sobre «Cartas de inverno»: «Antonio Seijas realiza unha reinterpretación da obra orixinal á linguaxe da novela gráfica con gran acerto». Crítica na Radio Galega

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha recensión crítica de Chus Nogueira sobre a novela gráfica Cartas de inverno, de Antonio Seijas, baseada na novela do mesmo título de Agustín Fernández Paz.

Manuel Veiga: «O meu dicionario humorístico é un complexo vitamínico e debería distribuirse en farmacias»

O Diario Cultural da Radio Galega realizou unha entrevista a Manuel Veiga polo seu libro Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico. Durante a entrevista, realizada por Anxo Quintela, o autor asegura que o dicionario busca o humor, a ironía e abarca moitos temas en extensión moi curta e a partir dunha selección e criterio moi persoal.

«As voces baixas», de Manuel Rivas: un libro diverso con vocación autobiográfica. Crítica sonora de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha recensión crítica de Chus Nogueira sobre As voces baixas, de Manuel Rivas. Chus Nogueira afirma que As voces baixas é unha obra complexa e diversa dentro da traxectoria do autor, un libro con moito de autobiográfico. A recensión crítica, en mp3, pode escoitarse ou descargarse aquí.

Sobre o Castelao ao que lle gustaría vivir na Unión Soviética. Entrevista con Xesús Alonso Montero

O Diario Cultural da Radio Galega realizou unha entrevista a Xesús Alonso Montero polo seu libro Castelao na Unión Soviética en 1938. Xesús Alonso Montero aseguro que cando Castelao marcha a Unión Soviética marchou xa cun espírito un pouco proclive, aínda que nada fai sospeitar que vaia sentir unha gran simpatía polo réxime soviético.

Unha iniciativa a favor do teatro: «VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico». Crítica de Laura Blanco Casás

Laura Blanco Casás publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o libro do VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico.

Xosé Ramón Pena: «Como en Alxeria» parte dun feito real do que tiven noticia e que pertence á historia do galeguismo»

O Diario Cultural da Radio Galega realizou unha entrevista a Xosé Ramón Pena polo seu libro Como en Alxeria. Crónica dun tempo, o seu autor asegura que o que conta na súa nova novela forma parte da historia de Galicia e da historia do galeguismo.

Ramón Nicolás: «O boom de Celso Emilo Ferreiro como poeta produciuse en Venezuela». Entrevista sobre «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro»

O Diario Cultural da Radio Galega realizou unha entrevista a Ramón Nicolás polo seu libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro. Ramón Nicolás declara na entrevista que coñecer a Celso Emilio Ferreiro, unha das grandes figuras da literatura galega do século XX, «é unha necesidade».

A patria que non era tan acolledora como parecía: entrevista a Xesús Constela, autor da novela «15.724»

O Diario Cultural da Radio Galega realizou unha entrevista a Xesús Constela, autor da novela 15.724. O autor declarou que o Libro dos protocolos foi a parte da novela que máis lle gustou construír. Ese libro describe unha patria idílica e agarimosa como unha nai, pero Samuel R.

«Radioteatro». Crítica de Armando Requeixo sobre o «VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico»

Armando Requeixo publica no seu blog unha recensión sobre o VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico.   Radioteatro O pasar do tempo descóbrenos que xa van alá seis anos dende que botara a andar o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Esta andaina consolidada foi posible grazas á implicación entusiasta das xentes do Diario Cultural da Radio Galega e o apoio do CDG.