Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: radio_galega

«Riofero» no «Diario Cultural»

«Riofero» no «Diario Cultural»

Ao longo de toda esta semana o «Diario Cultural» da Radio Galega (emítese de 15:00 a 16:00 horas) dedica a Riofero a súa páxina de Narrativa. A raíz da publicación desta novela, Xelís de Toro mantén abertos un espazo web (onde se poden escoitar oito temas musicais e acceder á lectura do primeiro capítulo da obra) e un blog (no que se publican novas e comentarios de lectores e do autor).

IIIº Premio teatro radiofónico, finalistas

IIIº Premio teatro radiofónico, finalistas

As pezas presentadas baixo os lemas «Peter Buckley», «Servizo de Información» e «Xou mas gou on» son as finalistas da terceira edición do Premio “Diario Cultural” de Teatro Radiofónico. Así o decidiu o xurado reunido esta mañá nas instalacións da Radio Galega.

As novidades de literatura dramática de 2008 por Rubén Ruibal

Na recollida de textos publicados polos medios, que vimos realizando no blog, quedounos atrás o magnífico traballo que Rubén Ruibal publicou o pasado 3 de xaneiro no suplemento «Nós» de Xornal de Galicia (non está publicado na rede). No longo artigo, que ocupa dúas páxinas, o autor fai un percorrido polas novidades de literatura dramática publicadas en 2008.

Presentación “IIº Premio Teatro Radiofónico”

Presentación “IIº Premio Teatro Radiofónico”