Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: raíz_da_fenda

Berta Dávila: «Con este libro estimaba que tiña que facer un texto honesto, directo e limpo». Entrevista no «Sermos Galiza» sobre «Raíz da fenda»

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de Carme Vidal a Berta Dávila na que fala sobre o libro de poesía: Raíz da fenda. O libro gañou o XV Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu – Premio da Crítica en Lingua Galega 2014, e está publicado por Xerais na colección: Poesía. (Imaxe: Distrito Xermar – Sermos Galiza).

Berta Dávila: «Non creo nesa visión parcelada dos autores que traballamos varios xéneros literarios distintos»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez á escritora Berta Dávila.   Berta Dávila: «A literatura infantil e xuvenil que lin de pequena e que continúo a ler de grande, por exemplo, forneceu o meu universo literario actual» Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987) é unha voces contemporáneas da nosa literatura á que se lle augura un mellor futuro.

Cando a poesía xorde dun estado de desolación absoluta: «Raíz da fenda», de Berta Dávila. Crítica de Antía Marante Arias

A revista Grial, que edita Galaxia, publicou unha recensión crítica de Antía Marante Arias sobre o poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila.

Desde a potencia e a forza cheas de virtudes: «Raíz da fenda», de Berta Dávila. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre o poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila, que recibiu o Premio AELG ao mellor libro de poesía do ano e o Premio da Crítica 2014.   A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

As cadeas emocionais de Berta Dávila con «Raíz da fenda», o poemario máis premiado e reeditado dos últimos anos

O poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila, acaba de recibir dos novos recoñecementos de xeito case simultáneo: o Premio AELG ao mellor libro de poesía do ano e o Premio da Crítica 2014. A estes dous galardóns súmase o Premio Ánxel Casal á mellor autora do ano, outorgado pola Asociación Galega de Editores.

«A illa de todas as illas», de Xabier P. DoCampo, e «Raíz da fenda», de Berta Dávila, Premios AELG ao mellor libro infantil e xuvenil e ao mellor libro de poesía

A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo, na modalidade de mellor libro infantil e xuvenil, e Raíz da fenda de Berta Dávila, na modalidade de mellor libro de poesía, resultaron gañadores dos Premios AELG 2014 (que premian as mellores obras editadas en 2013), e que se fallaron o pasado día 3 no transcurso da Gala das Letras da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega en Pontevedra.

Berta Dávila, Premio da Crítica 2014 por «Raíz da fenda»

A escritora compostelá Berta Dávila (foto de Paco Rocha) resultou gañadora do Premio da Crítica 2014 polo seu poemario Raíz da fenda, editado por Xerais, que vai xa na 3ª edición. O poemario, un dos libros de poesía máis reeditado nos últimos anos, fora galardoado tamén coa XV edición do Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu.

Berta Dávila: «En ‘Raíz da fenda’ hai unha procura de afondar na fisura que abre en nós a experiencia da perda»

BiosBardia publicou unha entrevista que lle fixo César Lorenzo a Berta Dávila centrada na súa novela O último libro de Emma Olsen, pero na que tamén fala do seu reiteradamente reeditado poemario Raíz da fenda. A entrevista pode lerse neste enlace.

Berta Dávila: «Non sei se mudei eu ou ‘Raíz da fenda me mudou a min». Entrevista de Carme Vidal

Sermos Galiza publicou unha entrevista que lle fixo Carme Vidal a Berta Dávila sobre a súa novela O último libro de Emma Olsen, sobre o seu novo libro infantil e sobre seu reeditado poemario Raíz da fenda (Fotografía: Distrito Xermar).

O poemario «Raíz da fenda», de Berta Dávila, reedítase por terceira vez en oito meses

O poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila, reedítase por terceira vez en oito meses. O poemario de Berta Dávila, que obtivo unhas críticas excelentes, está a ter unha acollida insólita dentro do ámbito da poesía e Xerais puxo xa en marcha a terceira edición, que estará nas librarías en breve.

Abismo de sombras: «Raíz da fenda» de Berta Dávila. Crítica de Marta Dacosta en Tempos Novos

A revista Tempos Novos publica unha recensión crítica de Marta Dacosta sobre Raíz da fenda de Berta Dávila.   A recensión titúlase «Abismo de sombras» e pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Berta Dávila: «Confío moi pouco na resignación e, en calquera caso, prefiro a resistencia». Entrevista de Montse Dopico

Magazine Cultural Galego, a nova plataforma de comunicación persoal da xornalista Montse Dopico, publica unha entrevista con Berta Dávila sobre o seu última novela O derradeiro libro de Emma Olsen, na que tamén fala do seu poemario Raíz da fenda. (Fotografía de Paco Rocha).