Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ramiro_fonte

«Lembranza de Ramiro Fonte, emblema clasicista da poesía dos oitenta», por Manuel Veiga Taboada

Manuel Veiga Taboada publicou en Biosbardia un artigo sobre o poeta Ramiro Fonte.     Lembranza de Ramiro Fonte, emblema clasicista da poesía dos oitenta Hai sesenta anos, naceu Ramiro Fonte. O seu pasamento anticipado interrompeu unha liña clasicista, imprescindíbel en todas as literaturas. “Quero deixar un clásico”, díxome cando acababa de publicarse a triloxía sobre a súa vila natal, Pontedeume.

Homenaxe a Ramiro Fonte

O vindeiro sábado, 17 de outubro, ás 12:00 da mañá, no Auditorio do Museo do Mar de Galicia, en Alcabre, homenaxearemos a Ramiro Fonte, con motivo do primeiro ano do seu pasamento. No acto presentaranse tres libros, as edicións dos seus  poemarios derradeiros, Reversos e Xardín do pasatempo, e Ramiro Fonte, o libro dos amigos, unha obra colectiva na que rendemos tributo á memoria humana e literaria de Ramiro.

Homenaxe a Ramiro Fonte en Lisboa

Homenaxe a Ramiro Fonte en Lisboa

Mañá, martes, 12 de maio, ás 18:00 horas, celebrarase no Instituto Cervantes de Lisboa un acto de homenaxe a Ramiro Fonte. Nesta mesa redonda, que será presidida por Carmen Cafarell (directora do Instituto Cervantes), participarán Carlos Marzal, Graça Videira, Jose Manuel Mendes, Raúl Veiga e Manuel Bragado. O actor Evaristo Calvo recitará unha antoloxía de poemas de Ramiro e serán proxectadas imaxes do poeta cedidas pola TVG.

Homenaxe a Ramiro Fonte

Homenaxe a Ramiro Fonte

A AELG organiza o 17 de abril en Vigo unha homenaxe a Ramiro Fonte. O acto terá lugar ás 19:30 horas nas instalacións da Fundación Caixa Galicia de Vigo (Rúa Policarpo Sanz). No recital póetico intervirán os poetas X.M. Álvarez Cáccamo, Manuel Álvarez Torneiro, Ignacio Chao, María do Carme Kruckemberg, Xulio López Valcarcel, Gonzalo Navaza, Román Raña, Xavier Rodríguez Baixeras, Cesáreo Sánchez Iglesias e Xavier Seoane.

Finalistas premios AELG2008

Déronse a coñecer hoxe as obras finalistas dos premios AELG as mellores obras literarias do pasado ano 2008. En case todas as categorías son numerosas as obras editadas pola editorial.  Os membros da AELG poderán emitir o seu voto ata o 5 de maio. Literatura infanto-xuvenil (Aelg-Gálix): 1. A Cabeza de Medusa, Marilar Aleixandre 2. Caderno de animalista, Antón Fortes Torres 3. Fume, Antón Fortes Torres 4.

«Reversos», crítica no «Faro da Cultura»

«Reversos», crítica no «Faro da Cultura»

Román Raña publica hoxe no Faro da Cultura a primeira crítica sobre Reversos, o derradeiro poemario de Ramiro Fonte. Recollemos algúns anácos deste importante texto: Arriscada, arriscadísima a poesía última de Ramiro Fonte. Seguindo a súa persoal predilección, o noso poeta iniciou hai anos un camiño de mergullo na nosa tradición poética, unha busca das orixes, unha procura da depuración expresiva.