Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ramón_d_veiga

Novidade: «Meigas fóra!», de Ramón D. Veiga e Iván Rodríguez. Un divertidísimo conto que propón unha reflexión sobre o desastre ao que nos poden levar determinados comportamentos

Meigas fóra!, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de Iván Rodríguez Castro, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. Entre as vilas de Leira e Beira había moita rivalidade. Unha noite de San Xoán, os veciños e as veciñas decidiron rematar coas envexas e as porfías dos seus mandatarios. Desde entón viven felices en Feira, onde cada 23 de xuño a súa cacharela refulxe coma ningunha outra.

Un dos mellores libros infantís deste ano da pandemia: «Meigas fóra!», de Ramón D. Veiga. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: Meigas fóra!, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de Iván Rodríguez, publicado por Xerais na colección Merlín.   ‘Meigas fóra!’, de Ramón D. Veiga   Dende hai tres anos Ramón Domínguez Veiga desenvolve un proxecto de álbum ilustrado sobre o ciclo de festas estacionais galegas.

O escritor Ramón D. Veiga e o ilustrador Iván R. crean un conto on line sobre o confinamento con nenos na casa. Noticia no xornal: «Diario de Ferrol»

O noso compañeiro de Xerais Ramón D. Veiga, xunto co seu amigo, o ilustrador Iván R. crearon un conto on line baixo o lema: #EuQuedoNaCasa, para resumir como se vive o confinamento nos fogares nos que hai nenas e nenos. A noticia foi recollida polo xornal Diario de Ferrol. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

«É tempo de Entroido!», de Ramón D. Veiga, recomendación de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animaron á lectura do libro: É tempo de Entroido!, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de David Sierra. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Un dos mellores álbums publicados en galego nos últimos anos: «A araña que lles tiña medo ás arañas», de Ramón D. Veiga. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre o libro: A araña que lles tiña medo ás arañas, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de Iván Rodríguez Castro. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.    A araña que lles tiña medo ás arañas, de Ramón D.

Un divertidísimo álbum que tirará sorrisos ao lectorado, teña a idade que teña: «A araña que lles tiña medo ás arañas», de Ramón D. Veiga. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: A araña que lles tiña medo ás arañas, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de Iván Rodríguez Castro. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.   A araña que lles tiña medo ás arañas, de Ramón D. Veiga Divertidísimo álbum que nos trae a editorial Xerais de Ramón D. Veiga e Iván R.

Un relato onde o medo e evidentes doses de humor abrazan unha historia na que unha pequena araña vai descubrir o mundo: «A araña que lles tiña medo ás arañas», de Ramón D. Veiga. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: A araña que lles tiña medo ás arañas, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de Iván Rodríguez Castro. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.   A araña que lles tiña medo ás arañas, de Ramón D.

Novidade: «A araña que lles tiña medo ás arañas», de Ramón D. Veiga. Un conto de medo e humor onde as risas gañan aos arrepíos

A araña que lles tiña medo ás arañas, de Ramón D. Veiga, ilustrado por Iván Rodríguez Castro, é unha novidade da colección Pequeno Merlín – Álbums. Un sapo, unha ra, un galo, un lagarto, unha nena. A nada lle teme esta araña intrépida ata que… Un conto de medo e humor onde as risas gañan aos arrepíos.

Coma unha boa larpeirada para levar á boca nestas datas: «É tempo de entroido», de Ramón D. Veiga. Anotación de Olalla Sánchez no suplemento Fugas

O suplemento Fugas de La Voz de Galicia publicou unha anotación de Olalla Sánchez sobre o libro: É tempo de entroido, de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha sorte de pequena enciclopedia visual que percorre e visibiliza o entroido: «É tempo de entroido», de Ramón D. Veiga. Crítica de Ramón Nicolás no suplemento Fugas

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o libro: É tempo de entroido, de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un extraordinario álbum que reinventa para as crianzas este catálogo do noso imaxinario: «É tempo de entroido!», de Ramón D. Veiga. Anotación de Manuel Bragado no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo, publicou unha anotación do editor Manuel Bragado sobre o libro: É tempo de entroido!, de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns.

Un álbum de indubidable valor que nos adentra no espírito dunha das festas máis populares de Galicia: «É tempo de entroido!», de Ramón D. Veiga. Crítica de Antonio García Teijeiro en «Versos e aloumiños»

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro: É tempo de entroido!, de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín.   «É tempo de entroido!», de Ramón D.