Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ramon_nicolás

«Conversas con Celso Emilio Ferreiro»

«Conversas con Celso Emilio Ferreiro»

Hoxe chegaron da imprenta os primeiros exemplares de Conversas con Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás. Este orixinalísimo título chegará ás librarías na primeira semana do mes de abril. A través de Conversas con Celso Emilio Ferreiro mergullámonos na significativa persona-lidade dun dos grandes escritores da literatura galega.

«Monbars o exterminador», crítica en «Culturas»

«Monbars o exterminador», crítica en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o pasado sábado no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha crítica de Monbars o exterminador, a novela de Hixinio Puentes que obtivo o último Premio Eixo Atlántico de novela galega e portuguesa.

«Letras galegas», crítica en «Culturas»

«Letras galegas», crítica en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o pasado 7 de febreiro no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha crítica sobre as dúas novidades máis recentes do profesor Xesús Alonso Montero, entre elas Letras galegas. Explicadas (de 1962 a 1980) en Triunfo e noutras revistas de fóra de Galicia.

«Un país a medio facer», crítica en «Culturas»

«Un país a medio facer», crítica en «Culturas»

Ramón Nicolás publica no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha interesante crítica e entrevista a Fran Alonso con motivo da publicación d’ Un país a medio facer.

Xerais, novidades de marzo

Xerais, novidades de marzo

No vindeiro mes de marzo Xerais publicara unha ducia de novidades. No eido da edición literaria, na colección Xerais Narrativa aparecerán a novela Peaxes de Santiago Lopo e o libro de relatos Para seguir bailando de Francisco X. Fenrández Naval. En Xerais Crónica publicaranse as Conversas con Celso Emilio Ferreiro preparadas por Ramón Nicolás Rodríguez. Na serie Letras Galegas a novela de Daniel Ameixeiro Ramón Piñeiro.

«O señor Lugrís e a negra sombra», 2ª edición

«O señor Lugrís e a negra sombra», 2ª edición

Está chegando as librarías a segunda edición d’ O señor Lugrís e a negra sombra, a novela máis recente de Luís Rei Núñez. A novela non só conseguiu o apoio dos lectores e lectoras, que supón esta segunda edición, se non que tamén recibiu dous dos máis importantes premios á obra xa editadas: o Premio da Crítica española 2008 e o Premio Irmandado do Libro ao mellor libro do ano 2007.

Xerais 2009: trinta aniversario, 3.000 títulos

O plan editorial 2009 de Xerais estará marcado polo trinta aniversario de creación do noso proxecto e por superar, a inicios da vindeira primavera, os tres mil títulos editados.

«O xardín das pedras flotantes», crítica en «Culturas»

«O xardín das pedras flotantes», crítica en «Culturas»

Ramón Nicolás publica no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, dedicado aos mellores libros galegos de 2008, unha crítica d’ O xardín das pedras flotantes, a novela de Manuel Lourenzo González, gañadora do Premio Xerais 2008.

«O Globo de Shakespeare» en «Culturas»

«O Globo de Shakespeare» en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o día 20 de decembro no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha crítica sobre O Globo de Shakespeare, a máis recente novela de Jaureguizar, gañadora do Premio Terra de Melide 2008.

«Xenaro e o misterio da mochila verde» en «Culturas»

«Xenaro e o misterio da mochila verde» en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o pasado 13 de decembro no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha crítica sobre Xenaro e o misterio da mochila verde, a novela de Mar Guerra, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2008.

«Mil cretinos» de Monzó en «Culturas»

«Mil cretinos» de Monzó en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o 6 de decembro no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia esta crítica de Mil cretinos, o libro de relatos de Quim Monzó traducido por Helena González.

«O Globo de Shakespeare», primeiras críticas

«O Globo de Shakespeare», primeiras críticas

Esta semana apareceron as primeiras críticas sobre O Globo de Shakespeare, a novela de Jaureguizar gañadora do Premio Terra de Melide 2008. Pedro Rielo, no seu artigo en Galicia hoxe, define a novela como «unha proposta atrevida, ben escrita, para todos os públicos e non alambicada.