Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ranquing

O libro de poemas «Soños. Arquivos. Cartas», de María do Cebreiro, e a novela «Noites de safari», de Marleen MaLone, lideran os máis recomendados na Tabela dos Libros de abril

O libro de poemas Soños. Arquivos. Cartas, de María do Cebreiro, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de abril. En terceiro lugar sitúase a novela Noites de safari, de Marleen MaLone, subtitulada «Manual sobre amantes desorientados» por Iolanda Zúñiga.

O álbum «Pioneiras», de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz, e a novela «Fóra de si», de Suso de Toro, son os libros máis recomendados na Tabela dos Libros de marzo

O álbum Pioneiras, Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez, ilustrado por Nuria Díaz, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de marzo, seguido da novela Fóra de si, de Suso de Toro.

O libro de relatos «Elefante», de Manuel Darriba, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros

 O libro de relatos Elefante, de Manuel Darriba, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de febreiro. A Tabela dos libros é unha valoración crítica a xeito de rankquing que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, con carácter mensual, para a que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

A novela «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo, entre os libros máis recomendados na Tabela dos libros

 A novela A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo figura entre os libros máis recomendados na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual para o que varios críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

A novela «A arte de trobar», de Santiago Lopo, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros

A novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de novembro. A Tabela dos libros é unha valoración crítica a xeito de rankquing que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, con carácter mensual, para a que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Suite Artabria», de Manuel Lourenzo e «O neno mariñeiro», de Bernardino Graña, son os libros máis valorados na Tabela do mes de outubro

O Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, Suite Artabria, de Manuel Lourenzo (no primeiro posto) ,e novela O neno mariñeiro, de Berrnardino Graña (no segudno posto), son os libros máis recomendados no mes de outubro pola crítica da Tabela dos Libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

«Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía», de Xosé Luís Axeitos e «22 segundos», de Eva Mejuto, libros máis valorados na Tabela dos Libros de setembro

A biografía Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, de Xosé Luís Axeitos (no primeiro posto) e a novela 22 segundos, de Eva Mejuto, son os libros máis recomendados no mes de setembro pola crítica da Tabela dos Libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

«A cadencia da fractura», de Isaac Xubín, libro máis valorado na Tabela dos Libros de abril

O libro de poemas  A cadencia da fractura, de Isaac Xubín, é o libro máis recomendado no mes de abril pola crítica da Tabela dos Libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo.

«Terraza», de Fran Alonso; «Os tres de nunca», de Nacho Taibo e «Aníbal e a Pintora», de Xabier Paz, libros máis valorados na Tabela dos Libros de marzo

O libro de poemas Terraza, de Fran Alonso; a novela Os tres de nunca, de Nacho Taibo;  e a novela Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz sitúanse respectivamente no primeiro, segundo e terceiro lugar dos libros máis recomendados no mes de marzo pola crítica da Tabela dos Libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galeg

«O inspector e mais eu», de Ignacio Vidal Portabales, e «O cuarto das abellas», de Antía Otero, libros máis valorados na Tabela dos libros en Decembro

A novela O inspector e mais eu, de Ignacio Vidal Portabales e o poemario O cuarto das abellas, de Antía Otero, sitúanse no primeiro e terceiro respectivamente dos libros máis recomendados no mes de decembro na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

«Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936», de Xosé Ramón Pena, libro máis recomendado pola Tabela dos libros

O libro Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936, de Xosé Ramón Pena, encabeza o ranquing da Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual para o que varios críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados.  Os críticos son Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo.

«Exhumación», de Marcos Abalde, e «O encargo do señor Castelao», de Luís Rei Núñez, encabezan o ranquing da Tabela dos libros do mes de outubro

O libro de poemas Exhumación, de Marcos Abalde Covelo, e a novela O encargo do señor Castelao de Luís Rei Núñez sitúanse no primeiro, segundo posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de outubro na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.