Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: rata_linda_de_compostela

Guía de poesía para nenos e nenas de 3 a 8 anos

Dinamizar entre os máis novos a lectura do xénero poético é o obxectivo principal da Guía de poesía, un material de apoio para as persoas adultas que traballan no fomento da lectura na infancia promovido pola Asociación de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil ELOS-Galicia e pola Secretaría Xeral de Cultura.

«Voces á orella», campaña de dinamización lingüística 2009, «Ratiña Linda»

Dentro do programa de dinamización lingüística «Bocaberta» realizado en colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e as distintas editoriais, Xerais organizou a campaña «Voces á orella» que consta de dous espectáculos teatrais e un de maxia: «Ratiña Linda» da compañía Casahamlet; «Os soños na gaiola» da compañía do Trinke-Trinke e o espectáculo de maxia de Cali o Mago «Amancio Amigo».

Bernardino Graña elixido académico

Bernardino Graña elixido académico

Na mesma sesión na que A Academia Galega designou a Uxío Novoneyra como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2010, foi elixido académico o seu amigo o poeta Bernardino Graña. Un nomeamento que a todo o cadro de persoal da editorial nos enche de fachenda e satisfacción polo vencellamento solidario de Bernardino con Xerais, ao longo de tres décadas, na que ten publicada unha boa parte da súa obra.

Seis novos merlíns nas librarías

Seis novos merlíns nas librarías

Esta semana chegan ás librarías seis novos títulos da colección Merlín: Leocadio, o león de Oli, ilustrado por Teresa Novoa; Mar adiante de María Victoria Moreno, ilustrado por Manuel Uhía; Rata linda de Compostela de Bernardino Graña, ilustrado por Manuel Uhía; A profesora Ripaldi de María Alcañiz; Restaurante Farruco de Chus Pereiro, ilustrado por Xan López Domínguez e Lixo de Xavier López Rodríguez, ilustrado por Ant

Casa Hamlet presenta «Ratiña linda»

Casa Hamlet presenta «Ratiña linda»

A compañía de teatro Casa Hamlet está representando a obra de teatro “Ratiña linda” escrita por Manuel Lourenzo a partir do conto Rata linda de Compostela de Bernardino Graña.