Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: recinto_gris

«Mulleres revolucionarias, rebeldes e empoderadas protagonizan as novelas dunha autora que xa se converteu nun referente da literatura galega.» Anotación de Manuel Bragado sobre a presenza feminina na obra de Ledicia Costas

Manuel Bragado publicou no blog Brétemas unha anotación sobre a conversa na Feira do Libro de Vigo entre a escritora Ledicia Costas e Fran Alonso, director de Xerais, sobre as personaxes femininas nas obras da autora viguesa (Imaxe: bretemas.

Diversos estudantes comentan novelas de Ledicia Costas a xeito de booktubers

O blog da Biblioteca do IES Laxeiro publicou dúas recomendación en vídoe, a modo de booktubers de estudantes do centro. A primeira céntrase no libro O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, e está feito polas estudantes Alba Rodríguez Rois, Alba Rey Jorge e Laura Nóvoa Froiz, de 3º da ESO. A segunda está feita polo estudante Rubén Otero Cibeira e é sobre a novela Recinto Gris, de Ledicia Costas.

Prosa fermosa, melódica e estilo sinxelo: «Recinto gris», de Ledicia Costas. Recensión de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela Recinto Gris, de Ledicia Costas.   Ledicia Costas, Recinto Gris Lendo esta xoia dáse un conta de que calquera hora que se pasa lendo a Ledicia Costas é unha hora marabillosa. E se son días, meses ou anos, como levo xa enriba, é pura felicidade.

Os booktubers do IES Laxeiro recomendan lecturas

Desde a biblioteca do IES Laxeiro de Lalín, tres estudantes recomendan cadanseu libro para ler: a novela Recinto Gris, de Ledicia Costas; a obra de teatro Unha rosa é unha rosa, de  Suso de Toro; e Marta ante o espello, de Teresa Calo Fontán.

«Recinto Gris», de Ledicia Costas, escollida para formar parte dos mellores libros do mundo para rapaces e rapazas con discapacidade

A novela Recinto Gris, de Ledicia Costas acaba de ser escollida  para formar parte da colección dos mellores libros do mundo para rapaces e rapazas con discapacidade, dentro da IBBY Collection 2015 Collection of Books for Young People with Disabilities. O libro será incluído no Catálogo que se presentará en roda de prensa o 30 de marzo de 2015 na Feira Internacional do Libro de Bologna “Bologna Children’s Book, 2015”.

Unha reflexión sobre os sistemas do poder: «Recinto gris», de Ledicia Costas. Crítica de Alba Rozas

Alba Rozas Arceo publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre Recinto Gris, de Ledicia Costas.

Ledicia Costas: «A única posibilidade de non cometer os mesmos erros no futuro, é coñecer os erros que se cometeron no pasado»

O blog do Club de Lectura do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco publicou unha entrevista coa escritora Ledicia Costas.   1. De onde naceu a idea de traballar a temática que desenvolves en Recinto Gris? A idea naceu nunha época na que eu estaba a documentarme para a escrita dun libro de relatos arredor da Segunda Guerra Mundial.

Ledicia Costas: «Escribín ‘O corazón de Xúpiter’ porque me preocupaba o mal uso das redes sociais»

O blog da Biblioteca do IES do Porto do Son publicou unha entrevista en vídeo coa escritora Ledicia Costas sobre O corazón de Xúpiter.

Xerais na Feira do Libro de Vigo 2014

Do 23 de maio ao 1 de xuño terá lugar a Feira do Libro de Vigo 2014 na que Xerais ten organizados os seguintes actos: • Día 23 de maio  venres 12:30 h.: Pregón a cargo de Pedro Feijoo. 19:00 h.: Presentación de Penúltimas tendencias  de Carlos Negro con Manuel Bragado. 20:00 h.: Presentación de A viaxe de Gagarin de Agustín Fernández Paz con Manuel Bragado. • Día 26 de maio  luns 19:00 h.

Xerais ofrece máis de 110 títulos en formato ebook, desde literatura infantil e xuvenil a novidades de narrativa ou clásicos

A decidida aposta de Xerais por abrir o seu catálogo de xeito sistemático aos dous formatos actuais do libro, o formato papel e o formato ebook, está xa plenamente consolidada, con máis de 110 títulos a disposición dos lectores e lectoras, asumindo así o reto que os novos xeitos de lectura demandan.

A celebración das diferenzas: «Recinto gris», de Ledicia Costas. Crítica de Mario Regueira

Mario Regueira publicou en Sermos Galiza unha recesión crítica sobre Recinto Gris, de Ledicia Costas.

Diferenza e liberdade: «Recinto gris», de Ledicia Costas. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Recinto Gris, de Ledicia Costas.