Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: recordar_doe

Hoxe impónselle a Insignia de Ouro da USC a Herminio Barreiro a título póstumo

Hoxe, nun acto que se celebrará no Salón Nobre da Universidade de Santiago de Compostela, imporáselle a Insignia de Ouro da USC a Herminio Barreiro a título póstumo, nun acto que terá lugar ás 11,30 da mañá. Pedadogo, membro do grupo Brais Pinto e autor do libro de memorias Recordar doe, publicado por Xerais, Herminio Barreiro foi un dos motores da renovación pedagóxica en Galicia.

Homenaxe a Herminio Barreiro

O Ateno de Compostela celebrou unha concurrida homenaxe ao pedagodo Hermino Barreiro. O autor de Recordar doe, o seu libro de memorias publicado por Xerais, foi lembrado na sala da Fundación Novacaixagalicia de Compostela, nun auditorio ateigado de xente. Herminio Barreiro foi membro do grupo Brais Pinto, así como profesor da Facultade de Ciencias da Educación na Universidade de Santiago.

Herminio Barreiro protagoniza o último número da Revista das Letras

Herminio Barreiro protagoniza o último número da Revista das Letras

O pedagogo Herminio Barreiro, recentemente falecido, protagoniza o último numero da Revista das Letras, o suplemento cultural do Galicia Hoxe. Hermino Barreiro, autor do libro Recordar doe, foi un dos teóricos imprescindibles da pedagoxía en Galicia.

Herminio Barreiro e o seu libro «Recordar doe», na lembranza de Xesús Alonso Montero

O profesor Xesús Alonso Montero publicou o pasado sábado, no suplemento Culturas, de La Voz de Galicia un artigo literario no que fai lembranza da figura do seu amigo Herminio Barrreiro, recentemente falecido, a partir das súas memorias Recordar doe. O artigo pode lerse aquí.

Homenaxe de despedida a Herminio Barreiro nun acto cívico en Sisán

Hoxe, ás cinco da tarde, celebrarase unha homenaxe civil en Sisán, Ribadumia, ao profesor e pedagogo Herminio Barreiro, falecido o pasado sábado en Compostela.

“Recordar doe”,

“Recordar doe”,

Organizada pola Asociación de Veciños Raigame de Santiago, o venres, 12 de xuño, ás 20.00 horas, nas instalacións do Centro socio cultural O Ensanche (Frei Rosendo Salvado 16) de Santiago, celebrarase unha homenaxe ao profesor Herminio Barreiro e presentación do seu libro Recordar doe. No acto participarán Xaquín Mato (presidente de Raigame), Fran Alonso e Herminio Barreiro.

“Recordar doe”, presentación en Cerdedo

“Recordar doe”, presentación en Cerdedo

Organizada pola asociación ecoloxista e cultural de Terra de Montes  “Verbo Xido”, o vindeiro venres, 8 de maio, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do concello de Cercedo (fronte ao cuartel da Garda Civil), realizarase a presentación do libro Recordar doe de Herminio Barreiro. No acto, que será presentado por Lola Varela, presidenta de “Verbo Xido”, participarán Ana Acuña, Fran Alonso e o autor.

Herminio Barreiro, entrevista en «Tempos»

Herminio Barreiro, entrevista en «Tempos»

Herminio Barreiro, autor de Recordar doe,  é entrevistado por Iago Martínez en Tempos. Recollemos varios fragmentos: Aos vinte anos nin doe recordar nin doe nada, pero a unha certa idade si. Recordar doe porque é tomar conciencia do paso do tempo. Por que hai unha certa amargura no que se lembra? Porque xa non existe. Nin a vivencia nin o espazo da vivencia. Desapareceu.

«Recordar doe», presentación en Pontevedra

«Recordar doe», presentación en Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do volume memorialístico de Herminio Barreiro Recordar doe. Lembranzas escolares e universitarias (1940-1965), publicado por Edicións Xerais de Galicia. No acto, que terá lugar o vindeiro xoves 9 de outubro, ás 19 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra, acompañarán ao autor, Manuel Bragado, Luís Cochón e Daniel Pino.

«Recordar doe», presentación en Riveira

«Recordar doe», presentación en Riveira

Mañá, 2 de outubro, ás 20:00 horas, celebrarase no Bar Plaza de Riveira a presentación do libro Recordar doe. Memorias escolares e universitarias de Herminio Barreiro. No acto, organizado polo Ateneo Valle-Inclán e Xerais, participarán Santiago Páramo Aller, Manuel Bragado e Herminio Barreiro.

«Recordar doe», crítica no «Faro da Cultura»

«Recordar doe», crítica no «Faro da Cultura»

Estro Montaña publica unha crítica no Faro da Cultura de Recordar doe, as memorias escolares e universitarias de Herminio Barreiro.

Lembranza, ideario e pedagoxía

Lembranza, ideario e pedagoxía

Mario Regueira publica no Cartafol de Vieiros unha crítica de Recordar doe, o libro de memorias escolares e universitarias de Herminio Barreiro.