Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: redelectura

Redelectura recomenda «Xa non estou aquí», de Iria Misa, e «A caixiña dos rancores», de Héctor Cajaraville, dúas novelas premiadas

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda dous libros da colección Fóra de Xogo: Xa non estou aquí, de Iria Misa, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016, e a novela A caixiña dos rancores, de Héctor Cajaraville, Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.

Unha historia con lirismo: «Historia da bicicleta dun home lagarto», de Fina Casalderrey. Anotación en Redelectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación sobre Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey.   Libros que andan polas bibliotecas Historia da bicicleta dun home lagarto de Fina Casalderrey e con ilustracións de Laura Súa Campo. Ilustracións con moito movemento e moita línea curva, ás veces cun aire que lembra aos debuxos doutra época. Desa época é o relato.

Banda deseñada clásica. Anotación en Redelectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación sobre Astérix e os godos e Astérix gladiador.   Banda deseñada clásica Volver aos cómics clásicos, ás series que fan lectores. Bandas deseñadas para rir e rir e rir e… volver a rir. E rindo recuperamos as referencias dun mundo que sigue vivo.

Realismo e fantasía: «O corazón da maxia», de Xavier Estévez. Anotación en Redelectura

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación sobre O corazón da maxia, de Xavier Estévez, ilustrado por Santy Gutiérrez.   Dúas historias nunha ou unha novela en clave realista e fantástica O corazón da maxia de Xavier Estévez, magnificamente ilustrado por Santi Gutiérrez ten eses ingredientes: realismo e fantasía.

«A neve interminable»: unha novela de terror, anotación en Redelectura sobre a novela de Agustín Fernández Paz

 Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou unha anotación sobre A neve interminable, de Agustín Fernández Paz.   A neve interminable, unha novela de terror A neve interminable de Agustín Fernández Paz Volvemos ao xénero de terror. Volvemos a reunir un grupo de xente, illada nun lugar d eonde non poder saír, que ha de contar (ou escribir) historias para compartir.

¿Quen mata: as palabras ou o silencio? Anotación en Redelectura sobre a última novela de Marcos Calveiro

Redelectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre As palabras poden matar, de Marcos Calveiro.   ¿Quen mata: as palabras ou o silencio? Ben a conto a pregunta despois de ler a última novela de Marcos Calveiro As palabras poden matar. Un barrio de favelas onde goberna o Chibo e os seus sicarios.

Duros acontecementos reais mesturados con fantasías marabillosas: «O Gran Reino», de Eduardo Santiago. Anotación en Rede Lectura

Rede Lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publica unha anotación sobre O Gran Reino, de Eduardo Santiago, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2014.   O Gran Reino: o último premio Jules Verne de literatura xuvenil O Gran Reino, acadou o premio Jules Verne de literatura xuvenil, na última convocatoria.

A defensa da lectura: «A illa de todas as illas», de Xabier P. DoCampo

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo, ilustrado por Xosé Cobas.   Libros de illas, utopías lectoras A illa de todas as illas é o último libro de Xabier P. Docampo, de novo, ilustrado por Xosé Cobas.

Quen dá máis?: «A terra queima», o libro-disco de Lalo Carnota e Xurxo Souto

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre A terra queima, o libro-disco en formato de álbum infantil interdisciplinar que parte dun proxecto do músico Lalo Carnota, con música súa, con texto de Xurxo Souto e fotografías e ilustracións de Xulio Rey e Sesé Barreiro.

O conto infantil de Manuel Rivas, «O raposo e a mestra», no blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre O raposo e a mestra, o conto infantil de Manuel Rivas ilustrado por Jacobo Fernández Serrano.     Un libro de raposo e mestra ¡menuda combinación! A última obra de Manuel O´Rivas para lectores autónomos leva ese título O raposo e a mestra.

Un goce para os sentidos: o libro-disco «A miña primeira Rosalía». Anotación de Antonio García Teijeiro

O escritor Antonio García Teijeiro publicou no seu blog unha anotación sobre o libro-disco A miña primeira Rosalía, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales.

Un luxo: «A miña primeira Rosalía», un libro-disco para escoitar e aprender. Anotación en Rede Lectura

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre o libro-disco A miña primeira Rosalía, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales, é unha das novidades desta tempada.     A miña primeira Rosalía é un libro disco que continúa a estela daquel outro, O primeiro Celso Emilio, que Xerais fixera público o ano pasado.