Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: reimóndez

«O club da calceta», funcións na campaña «Voces á orella»

«O club da calceta», funcións na campaña «Voces á orella»

Xa está ultimado o calendario das oito representacións d’ O club da calceta, a adaptación da novela homónima de María Reimóndez preparada por Teatro do Morcego, dentro da campaña de animación lingüística dirixida á mocidade «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia. Monforte, 3 e 4 de novembro, 11:30 horas, Edificio Multiusos.

“Lía e as zapatillas de deporte”, segunda crítica

“Lía e as zapatillas de deporte”, segunda crítica

María Navarro publica no último número de Faro da cultura unha crítica de Lía e as zapatillas de deporte, o máis recente libro de María Reimóndez na colección Merlín.

«Lía e as zapatillas de deporte», primeira crítica

«Lía e as zapatillas de deporte», primeira crítica

Isabel Soto publica en Lg3 a primeira crítica de Lía e as zapatillas de deporte, o libro escrito por María Reimóndez, ilustrado por Ivan Sende. O texto, titulado “literatura como vehículo de compromiso”, bai precedido deste parágrafo: “Unha novela que convida a reflexionar aos nenos e nenas sobre a súa responsabilidade en colaborar para facer un mundo máis xusto.

“O club da calceta”

“O club da calceta”

María Reimóndez presentou a pasada semana en Boloña, Roma, Milán e Padova a edición italiana d’ O club da calceta, novela editada por Xerais no 2006 e cuxa tradución se converteu en pouco tempo no título máis vendido da editorial Gran Vía Edizioni.

Merlíns para a primavera

Merlíns para a primavera

Hoxe entraron no almacén catro novos títulos da colección Merlín: Lía e as zapatillas de deporte de María Reimóndez, ilustrado por Iván Sende (9 anos en diante, novela). Os piratas da illa da Esperanza de X. Rivadulla Corcón, ilustrado por Adrián Solleiro (11 anos en diante, novela). Sopa de Marsopa de Isabel Freire, ilustrado por Jon Puga (9 anos en diante, novela).

Finalistas no Premio San Clemente

Finalistas no Premio San Clemente

Dúas das novelas de Xerais Narrativa publicadas o pasado ano foron declaradas finalistas da XVª edición do Premio Arcebispo Juan de San Clemente: Cardume de Rexina Vega, na categoría de mellor novela galega, e Terrorista de John Updike, na de novela estranxeira. Un xurado de lectores, formado por alumnos e alumnas de bacharelato de cinco centros de toda Galicia, valorará as obras finalistas.