Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: relato

Visibilizar a violencia contra a muller: «A esencia da cidade», de María Reimóndez. Un relato de descarga libre

O Diario de Ferrol publicou unha información sobre o relato A esencia da cidade, de María Reimóndez, editado para a súa descarga libre, con licenza Creative Commons, no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

«A esencia da cidade», un relato de María Reimóndez para a descarga libre no Día Internacional contra a Violencia Machista

A esencia da cidade é un relato de María Reimóndez editado para a súa descarga libre, con licenza Creative Commons, no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller coa intención de que o texto que se ofrece e a experiencia que narra axude, en palabras da autora, «a reflexionar, a comprender e a cambiar. Porque a vida de moitas nenas, mozas e mulleres depende diso cada día».

Bases do Premio de Narración Curta Anxel Fole

Bases do Premio de Narración Curta Anxel Fole, que convoca a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e que publica Xerais.

«Bartleby, o escribente»

«Bartleby, o escribente»

Na primeira semana do vindeiro mes de setembro, abrindo a tempada de outono, chegará as librarías Bartleby, o escribente, a tradución galega do relato clásico de Herman Melville. A tradución foi preparada por Eva Díaz Rodríguez para a colección Xabaril, que na súa nova etapa acada os sete títulos.

“So resta o Amor”, Agustín Fernández Paz

“So resta o Amor”, Agustín Fernández Paz

O vindeiro 26 de xuño chega ás librarías portuguesas So resta o Amor, a tradución ao portugués d’ O único que queda é o amor, o máis recente libro de Agustín Fernández Paz. O libro é a terceira entrega da colección “Mil horas de leitura” de Ediçoes Nelson de Matos, tras o Lavagante de Joe Cardoso Pires e Contos de Morte de Pepetela.

Críticas dos últimos libros de Fernández Paz

Críticas dos últimos libros de Fernández Paz

No Protexta da primavera, Isabel Soto publica unha crítica sobre os dous máis recentes libros de Agustín Fernández Paz: O único que queda é o amor e a 21ª edición, revisada e definitiva, de Cartas de inverno. Premer na imaxe para ler.

“O único que queda é o amor”

“O único que queda é o amor”

O blogueiro Arume dos Piñeiros publica unha longa e moi traballada crítica sobre O único que queda é o amor, o libro de relatos máis recente de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell.