Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: relatos_para_a_televisión

Xabier Cordal: «Cada un dos relatos do libro convida a unha viaxe diferente». Entrevista en «El Progreso» sobre: «Relatos para a televisión»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Cristina Arias ao filólogo e escritor Xabier Cordal sobre o libro: Relatos para a televisión. O libro está publicado por Xerais na colección narrativa A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Xabier Cordal: «Estes relatos son unha crónica da miña biografía como persoa e como lector». Entrevista no «ZigZag Diario» sobre: «Relatos para a televisión»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista co escritor Xabier Cordal sobre o libro: Relatos para a televisión. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 10″.

«Dentro da literatura» e «Relatos para a televisión», entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de febreiro

Dentro da literatura, de Suso de Toro, é o segundo libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de febreiro. No terceiro lugar sitúase outro texto de Xerais: Relatos para a televisión, de Xabier Cordal.

Relatos moi poéticos cun fondo social de revisión crítica do mundo louco que nos tocou vivir: «Relatos para a televisión», de Xabier Cordal. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Relatos para a televisión, de Xabier Cordal. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «Relatos para televisión», de Xabier Cordal. Fíos que só cobran sentido a través da distancia

Relatos para televisión, de Xabier Cordal, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Unha curtametraxe -acerca do paradoxo da literatura como parte da vida- serve de portal a outros once relatos escritos para televisión. Algúns gardan desenlaces sorprendentes e, igual ca un tapiz, fíos que só cobran sentido a través da distancia. Calquera orde de lectura é a correcta.