Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: renacer

As mellores novelas de 2008

Énchenos de satisfacción que o crítico X.M. Eyre escolla oito dos nosos títulos do pasado ano entre as mellores novelas de 2008. Sen dúbida, unha moi boa colleita.

«Renacer», crítica de Caneiro en «Culturas»

«Renacer», crítica de Caneiro en «Culturas»

Xosé Carlos Caneiro publica no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha crítica sobre Renacer, a novela de Xabier Paz. O mellor que se pode dicir dunha novela é que lle faltan páxinas, que un queda debruzado na fin do texto agardando palabras e máis palabras, como música.

Catro obras de Xerais entre «O mellor do 2008» para «Culturas»

O suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia publica hoxe unha dobre páxina na que se recollen críticas de seis obras consideradas como «O mellor do 2008». Entre elas están catro publicadas pola editorial: O xardín das pedras flotantes de Manuel Lourenzo González, O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas, Renacer de Xabier Paz e De provincia a nación.

«Renacer», presentación na Coruña

«Renacer», presentación na Coruña

O vindeiro venres, 31 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Sargadelos da Coruña presentarase Renacer, a novela de Xabier Paz. No acto participarán Juana Otero Gómez, Manuel Bragado e o autor.

Xabier Paz, entrevistado por «A Nosa Terra»

Xabier Paz, entrevistado por «A Nosa Terra»

Xabier Paz, o autor de Renacer, é entrevistado por A Nosa Terra. Reproducimos dous fragmentos: Topei coa figura de Aretino que era escritor e tamén cos seus amigos: Sansovino, arquitecto, e o pintor Tiziano. Unha impresionante concentración cultural nun momento de por si brillante para a cultura. Intereseime neles, sen pensar nunha novela.

«Renacer», crítica en «Faro da Cultura»

«Renacer», crítica en «Faro da Cultura»

Francisco Martínez Bouzas publica en Faro da Cultura unha crítica de Renacer, a novela de Xabier Paz.

«Renacer», crítica en «Culturas»

«Renacer», crítica en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o pasado 26 de xullo no suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha crítica sobre Renacer, a novela de Xabier Paz publicada en Xerais Narrativa. Reproducimos o texto: O ARETINO E AS SÚAS CONTRADICIÓNS.

“Renacer”, crítica de Caneiro

“Renacer”, crítica de Caneiro

Reproducimos o texto da crítica de Renacer de Xabier Paz, publicada por Xosé Carlos Caneiro no suplemento Culturas de La Voz de Galicia o pasado 2 de agosto. Son tres as novelas de cariz histórico que nos regalou Xerais nos últimos meses e que denotan, fundamentalmente, o olfato excelso dos seus editores. A Venus de cristal de Chelo Suárez, Festina lente de Marcos S. Calveiro e Renacer de Xabier Paz.

Xabier Paz, entrevista

Xabier Paz, entrevista

Galicia hoxe publica unha entrevista a Xabier Paz, con motivo da presentación de Renacer. Recollemos un parágrafo dun texto moi interesante: “O que ten en común o personaxe de Adria co seu pai, Aretino, é a determinación de renacer. O pai, un pornógrafo de vida disoluta e escandalosa, busca a liberdade de vivir ben. Quere triunfar, e por iso renuncia á súa vida anterior: ata ao seu nome.

“Renacer”, presentación en Vigo

“Renacer”, presentación en Vigo

Renacer, a primeira novela de Xabier Paz será presentada en Vigo o vindeiro venres, 18 de xullo, ás 20:00 horas na Libraría Andel (rúa Pintor Lugrís 10) de Vigo. No acto intervirán Manuel Bragado e o autor.

Xerais no FESTIGAL

Xerais no FESTIGAL

Xerais participará nos seguintes actos do FESTIGAL, a celebrar en Compostela durante a tarde e o serán do 25 de xullo: 17:15: Presentación da edición en galego d’ O segundo sexo de Simone de Beauvoir. Intervirán: Carmen Adán, Secretaria Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, Manuel Bragado, África López e Marga Marcuño. 18:30: “Herbas do cego”, recital de poesía de Manuel Rivas.

“Renacer”, Xabier Paz

“Renacer”, Xabier Paz

Renacer é a primeira novela de Xabier Paz, autor que publicou en Xerais o poemario Materia de Lucrecio e a crónica Follas do bacallao. Renacer será presentada na Feira do Libro de Vigo.