Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: retallos_daquela_infancia

Bautista Álvarez: «É normal que a política estea presente nos meus relatos». Entrevista de Montse Dopico

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista con Bautista Álvarez sobre o seu libro de relatos Retallos daquela infancia.     «O que chamaron reforma democrática non foi máis que a continuidade do franquismo» Bautista Álvarez publicou hai pouco o seu primeiro libro de relatos, ‘Retallos daquela infancia’. E ten entre mans outros proxectos literarios.

Presentación en Vigo de “Retallos daquela infancia” de Bautista Álvarez

O venres, 14 de febreiro, ás 20:30 horas, no Café de Catro a Catro, rúa Girona, 3 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez. No acto, organizado pola Asociación Cultural O Castro, participarán Manuel Bragado e Bautista Álvarez.

Pulsión inequivocamente literaria. Presentación hoxe de «Retallos daquela infancia», de Bautista Álvarez

Galicia Hoxe publica unha información sobre a presentación, esta tarde en Compostela, de Retallos daquela infancia, de Bautista Álvarez.

Un libro con invención e encanto: «Retallos daquela infancia», de Bautista Álvarez. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de Retallos daquela infancia, de Bautista Álvarez.   Un libro con invención e encanto Coma sucedera o venres no Carballiño, a presentación do libro de Bautista Álvarez, Retallos daquela infancia, na Libraría Torga de Ourense resultou moi interesante.

Ficción memorialística e de preocupación política: «Retallos daquela infancia», de Bautista Álvarez. Artigo de Xoán Carlos Domínguez Alberte

Sermos Galiza publica un artigo de Xoán Carlos Domínguez Alberte sobre Retallos daquela infancia, de Bautista Álvarez.     Retallos de Bautista Álvarez A obra narrativa Retallos daquela infancia (2013), de Bautista Álvarez, sorprende gratamente por varias razóns.

Presentación «Retallos daquela infancia» en Santiago

Presentación «Retallos daquela infancia» en Santiago

O xoves, 12 de decembro, ás 20:30 horas, no Espazo Enocultural Vide, vide!, Fonte de San Antonio 10, baixo de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez. No acto, organizado pola Asociación Cultural o Galo e Xerais,  participarán Carlos Callón, Manuel Bragado e o autor.

Presentación «Retallos daquela infancia» en Ourense

Presentación «Retallos daquela infancia» en Ourense

O martes, 10 de decembro, ás 20:00 horas, na livraría Torga, rúa da Paz 16 de Ourense, terá lugar a presentación do libro Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez.

Presentación de «Retallos daquela infancia» no Carballiño

O xoves, 5 de decembro, ás 20:30 horas, no Casino do Carballiño, terá lugar a presentación do libro Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, a Fundación Bautista Álvarez e Xerais, participarán Eladino Cabanelas, César Varela, Manuel Bragado e o autor.

«A riqueza dun libro que lin de corridiño». Crítica de Vicente Araguas sobre «Retallos daquela infancia», de Bautista Álvarez

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica de Retallos daquela infancia, de Bautista Álvarez.

Memoria, imaxinación e humor: «Retallos daquela infancia», de Bautista Álvarez. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Retallos daquela infancia, de Bautista Álvarez.

Luís Rei Núñez e Bautista Álvarez presentan os seus libros de relatos na Feira do Libro da Coruña

Luís Rei Núñez e Bautista Álvarez presentan os seus libros de relatos na Feira do Libro da Coruña

Manuel Bragado publica no seu blog a crónica das presentación da primeira xornada da Feira do Libro da Coruña, a dos libros de relatos Días que non foron de Luís Rei Núñez e Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez: Pasamos o día enteiro na Coruña, na xornada de inauguración da Feira do Libro da Coruña, o evento editorial máis relevante do ano no país.

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Do xoves, 1 de agosto, ao domingo, 11 de agosto, terá lugar na Feira do Libro da Coruña, na que Xerais desenvolverá os seguintes actos Día 1 de agosto, xoves 20:00 h.: Presentación de Días que non foron de Luís Rei Núñez. Participan: Mercedes Queixas, Manuel Bragado e o autor. 21:00 h.: Presentación de Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez. Participan: Pilar García Negro, Manuel Bragado e o autor.