Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: retallos_daquela_infancia

Xerais no Festigal 2013

O xoves, 25 de xullo, dentro dos actos organizados polo Festigal 2013, terán lugar as presentacións de: Ás 17:00 horas Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez. Falarán: Manuel Bragado, Pilar García Negro e Bautista Alvarez. Ás 20:15 horas Historia de Galicia de Anselmo López Carreira. Falarán: Manuel Bragado e Anselmo López Carreira.

Novidade: «Retallos daquela infancia», de Bautista Álvarez. Relatos próximos á memoria e á infancia

Retallos daquela infancia, de Bautista Álvarez, é unha novidade da colección Narrativa. Bautista Álvarez, membro da xeración Brais Pinto e veterano político nacionalista, recolle neste seu primeiro libro de narrativa, que confesa “anda cerca das memorias”, un monllo de relatos ambientados nos anos da súa infancia nas terras natais de Las, Eiras e Loucía, no concello ourensán de San Amaro.

Relatos populares dun membro de Brais Pinto: «Retallos daquela infancia», de Bautista Álvarez. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o libro de relatos Retallos daquela infancia, de Bautista Álvarez.   Bautista Álvarez narrador Dediquei unhas horas da tarde do domingo a preparar o borrador do texto de contracuberta de Retallos daquela infancia, o libro co que Bautista Álvarez debuta como narrador.