Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: reversos

Homenaxe a Ramiro Fonte

O vindeiro sábado, 17 de outubro, ás 12:00 da mañá, no Auditorio do Museo do Mar de Galicia, en Alcabre, homenaxearemos a Ramiro Fonte, con motivo do primeiro ano do seu pasamento. No acto presentaranse tres libros, as edicións dos seus  poemarios derradeiros, Reversos e Xardín do pasatempo, e Ramiro Fonte, o libro dos amigos, unha obra colectiva na que rendemos tributo á memoria humana e literaria de Ramiro.

Finalistas premios AELG2008

Déronse a coñecer hoxe as obras finalistas dos premios AELG as mellores obras literarias do pasado ano 2008. En case todas as categorías son numerosas as obras editadas pola editorial.  Os membros da AELG poderán emitir o seu voto ata o 5 de maio. Literatura infanto-xuvenil (Aelg-Gálix): 1. A Cabeza de Medusa, Marilar Aleixandre 2. Caderno de animalista, Antón Fortes Torres 3. Fume, Antón Fortes Torres 4.

«Reversos», crítica no «Faro da Cultura»

«Reversos», crítica no «Faro da Cultura»

Román Raña publica hoxe no Faro da Cultura a primeira crítica sobre Reversos, o derradeiro poemario de Ramiro Fonte. Recollemos algúns anácos deste importante texto: Arriscada, arriscadísima a poesía última de Ramiro Fonte. Seguindo a súa persoal predilección, o noso poeta iniciou hai anos un camiño de mergullo na nosa tradición poética, unha busca das orixes, unha procura da depuración expresiva.

«Reversos. (Días adiados)», derradeiro poemario de Ramiro Fonte

«Reversos. (Días adiados)», derradeiro poemario de Ramiro Fonte

Chegan do prelo os primeiros exemplares de Reversos. (Días adiados), o derradeiro poemario do poeta Ramiro Fonte, falecido o pasado sábado, 11 de outubro. Continuando co ciclo de poemas complementarios de formas clásicas, recompilado en A rocha dos poscritos (Xerais 2005), Fonte ofrece un libro memorable.