Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: rexurdimento_a_palabra_e_a_idea

Presentación en Santiago de “Rexurdimento: a palabra e a idea” de Anxo Angueira

O xoves 5 de marzo de 2020 ás 19:30 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro Rexurdimento: a palabra e a idea de Anxo Angueira. No acto participarán Antón Figueroa, Anxo Angueira e Fran Alonso.

Presentación en Lugo de “Rexurdimento: a palabra e a idea” de Anxo Angueira

O xoves 23 de xaneiro de 2020, ás 20:15 horas, na librería Biblos, rúa Salvador de Madariaga 1, Lugo, terá lugar a presentación do libro Rexurdimento: a palabra e a idea de Anxo Angueira. No acto participarán Xabier Cordal e Anxo Angueira.

Presentación en Allariz de “Rexurdimento: a palabra e a idea” de Anxo Angueira

O xoves 16 de xaneiro de 2020 ás 20:30 horas, na Fundación Vicente Risco, rúa San Lorenzo 3, Allariz, terá lugar a presentación do libro Rexurdimento: a palabra e a idea de Anxo Angueira. No acto, organizado pola Fundación Vicente Risco, participarán Anxo Angueira e Celia Pereira Porto.

Unha obra ambiciosa e profunda que remove os marcos dunha historia literaria ben asentada: «Rexurdimento: a palabra e a idea», de Anxo Angueira. Anotación no «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Mario Regueira sobre o libro: Rexurdimento: a palabra e a idea, de Anxo Angueira, publicado por Xerais na colección: Lingua e literatura. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha reflexión con valentía crítica sobre o Rexurdimento no seo da historiografía da literatura galega: «Rexurdimento: a palabra e a idea», de Anxo Angueira. Anotación de Joaquim Ventura

Joaquim Ventura publicou nos xornais El Correo Gallego e Galicia Hoxe unha anotación sobre o libro: Rexurdimento: a palabra e a idea, de Anxo Angueira.   Houbo rexurdimento? No meu exercicio como estudoso da literatura galega, sempre manifestei a miña impresión sobre a preguiza habitual dos máis dos críticos á hora de abordar a súa historia e os seus contidos.

Anxo Angueira: «Neste libro quixen analizar a historia da palabra e da idea de Rexurdimento na literatura e na cultura galega contemporáneas». Entrevista no xornal «Faro de Vigo» sobre: «Rexurdimento: a palabra e a idea»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao escritor e filólogo Anxo Angueira sobre o libro: Rexurdimento: a palabra e a idea, publicado por Xerais. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

As novidades de Xerais para o outono. Artigo no «Sermos Galiza»

O xornal Sermos Galiza publicou un artigo sobre as novidades de Xerais para este outono, libros entre os que subliña: As estacións do lobo, de María Reimóndez; O ceo das reixas, de Eli Ríos e Rexurdimento: a palabra e a idea, de Anxo Angueira, entre outras publicacións.

Novidade: «Rexurdimento: a palabra e a idea», de Anxo Angueira. Unha obra para repensar e cuestionar a historia cultural e política galega contemporánea

Rexurdimento: a palabra e a idea, de Anxo Angueira, é unha novidade da colección Universitaria de Xerais. «Rexurdimento: a palabra e a idea» repensa e cuestiona o modelo historiográfico vixente que se lle vén aplicando tanto á literatura do XIX como en xeral á historia cultural e política galega contemporánea.