Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: rivadulla_corcón

Presentación de “A narrativa mariña” na Feira do Libro da Coruña

O sábado 4 de agosto, ás 21:15 horas na Feira do Libro da coruña presentarase o libro A narrativa mariña de Gonzalo López Abente. No acto participan: Suso Sambade, X.H. Rivadulla Corcón e Manuel Bragado.

Altamente recomendable. Crítica de Paula Fernández sobre «O noso amor será eterno», de X. H. Rivadulla Corcón

Paula Fernández publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre O noso amor será eterno, de X. H. Rivadulla Corcón. Altamente recomendable Da sensibilidade dos diálogos Arredor dunha lenda da Costa da Morte artella X. H. Rivadulla Corcón (A Coruña, 1962) esta novela que mestura dous mundos unidos polo amor incondicional imposible de reemplazar.

«O noso amor será eterno», de Rivadulla Corcón: amor e lendas na Costa da Morte

La Voz de Galicia recolleu a noticia, asinada por M. P. Valle, da presentación en Muxía de O noso amor será eterno, de X. H. Rivadulla Corcón. Tamén en Brétemas se dá conta do transcurso da presentación. Ahí va una confesión: Me gustan las historias de amor, me gustan las leyendas y me gusta la Costa da Morte.

«O noso amor será eterno», de X. H. Rivadulla Corcón, novidade para o próximo mes de setembro

O noso amor será eterno, de X. H. Rivadulla Corcón, publicado na colección Fóra de Xogo, é unha das novidades para o próximo mes de setembro. O trobador Buserán tiña dezaoitos anos, era home forte, de mirada chea de nobreza. A súa amada, Frolinda tiña 16, posuía unha beleza que estremecía os seres sensibles e o seu corazón estaba enchido de bondade e xenerosidade.

«Tripulación pirata», unha fermosa experiencia arredor da lectura e das matemáticas

«Tripulación pirata» é o nome do blog da aula de 6º de Educación Primaria do C.E.I.P. Os Muíños de Muxía. Velaquí unha experiencia didáctica innovadora arredor da lectura e das matemáticas. Segundo relatan os participantes no seu blog «todo comezou cando a Biblioteca escolar fixo a súa programación cun tema moi peculiar: «Piratas». A proposta parecía interesante.

«Os piratas da illa da esperanza», crítica

«Os piratas da illa da esperanza», crítica

María Navarro publicou no Faro da Cultura de onte unha crítica sobre Os piratas da illa da esperanza, a novela de X. Rivadulla Corcón publicada en Merlín e ilustrada por Adrián Solleiro.