Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: roberto_montero_miguel

Novidade: «Aprende electrónica e robótica educativa», de Roberto Montero Miguel. Unha introdución ao pensamento computacional para mozos e mozas

Aprende electrónica e robótica educativa, de Roberto Montero Miguel, é unha novidade da colección Básicos da Ciencia de Xerais. A era dos robots xa está aquí; son habituais nas nosas vidas, preséntanse en diferentes formas: xoguetes intelixentes, gadgets e wearables, coches autónomos, robots domésticos, brazos robóticos industriais etc. O futuro da educación pasa, inevitablemente, pola robótica.