Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: rosalía_de_castro

Helena González: «Facer este libro foi como armar un xoguete fermoso». Entrevista en «A Nosa Terra» sobre: «Rosalía feminista»

O xornal A Nosa Terra publicou unha entrevista de Xan Carballa á Helena González sobre o libro: Rosalía feminista, publicado por Xerais na colección Poesía. (Imaxe: A Nosa Terra).

Presentación en Pontevedra de “En las orillas del Sar” de Rosalía de Castro. Edición de Anxo Angueira

O luns 23 de setembro de 2019 ás 20:00 horas, na sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Casa das Campás; rúa Don Filiberto, 9-11), terá lugar a presentación do libro En las orillas del Sar  de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra,  participarán Ana Acuña, Xaime Toxo, Fran Alonso e Anxo Angueira.

Presentación en Vigo de “En las orillas del Sar” de Rosalía de Castro

O martes 9 de xullo de 2019 ás 20:00 horas, na librería Librouro, Eduardo Iglesias 12,Vigo, terá lugar a presentación de de En las orillas del Sar de Rosalía de Castro. Estudo, edición, notas e comentarios de Anxo Angueira. No acto participarán X. L. Méndez Ferrín, Anxo Angueira e Fran Alonso.

Presentación en Marín de “En las orillas del Sar” de Rosalía de Castro

O xoves 4 de xullo, ás 20:00 horas, no Museo Manuel Torres de Marín, terá lugar a presentación de En las orillas del Sar de Rosalía de Castro. Estudo, edición, notas e comentarios de Anxo Angueira. No acto, organizado polo Foro de Debate Portocelo, participarán Ana Acuña e Anxo Angueira.

Presentación na Coruña de “En las orillas del Sar” de Rosalía de Castro

O luns 1 de xullo de 2019 ás 20:00 horas, na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, rua Olmos 16-1º A Coruña, terá lugar a presentación de En las orillas del Sarde Rosalía de Castro. Estudo, edición, notas e comentarios de Anxo Angueira. No acto, organizado pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, participarán Xosé Luís Axeitos, María Pilar García Negro e Anxo Angueira.

Presentación en Santiago de “En las orillas del Sar” de Rosalía de Castro. Edición Anxo Angueira

O xoves 27 de xuño de 2019 ás 19:30 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro En las orillas del Sar de Rosalía de Castro. Estudo, edición, notas e comentarios de Anxo Angueira. No acto participarán Fernando Cabo Aseguinolaza, Lydia Fontoira e Anxo Angueira.

Helena González: «Rosalía sería hoxe a voz contra Vox». Entrevista no xornal «La Voz de Galicia» sobre o libro: «Rosalía feminista»

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha entrevista de Ana Abelenda a Helena González Fernández sobre o libro: Rosalía feminista, publicado por Xerais na colección Poesía. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un libro imprescindible: «Rosalía feminista», de Rosalía de Castro e Helena González Fernández. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre o libro: Rosalía feminista, de Rosalía de Castro e Helena González Fernández. O libro está publicado por Xerais na colección Poesía.   Crítica de «Rosalía feminista» (Rosalía de Castro e Helena González Fernández, Xerais)   Hai libros bos, que merecen ser ponderdos porque presentan unha factura impecábel.

Anxo Angueira: «`En las orillas del Sar´ chegou nun contexto no que agromaba a tensión entre o campo literario galego e o castelán». Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a Anxo Angueira sobre o libro: En las orillas del Sar. (Imaxe de Rosalía e ‘En las orillas del Sar’ (Xerais) CC-BY-SA Praza Pública). O libro está publicado por Xerais na colección Xerais Clásicos.

Unha obra silenciada tanto no campo literario español coma no galego: «En las orillas del Sar», de Rosalía de Castro. Entrevista a Anxo Angueira en La Voz de Galicia

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Xesús Fraga a Anxo Angueira sobre o libro: En las orillas del Sar. O libro está publicado por Xerais na colección Xerais Clásicos. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Anxo Angueira: «Este libro é do máis grande que se escribiu en castelán no s. XIX». Entrevista no Diario Cultural sobre: «En las orillas del Sar»

O programa Diario Cultural, da Radio Galega, emitiu unha entrevista co profesor Anxo Angueira sobre o libro: En las orillas del Sar. O libro está publicado por Xerais na colección: Xerais Clásicos. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

O paso chave á hora de situar a Rosalía na moderna literatura europea: «En las orillas del Sar», de Rosalía de Castro e Anxo Angueira. Anotación no Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación sobre o libro: En las orillas del Sar, unha nova edición crítica do libro de poemas de Rosalía de Castro a cargo do profesor Anxo Angueira. O libro está publicado por Xerais na colección Clásicos.   «En las orillas del Sar», de Rosalía de Castro e Anxo Angueira O derradeiro libro de poemas de Rosalía de Castro non foi “unha dimisión”.