Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: rtve

María Solar: «A primeira cousa que aprenden os nenos con este libro é que non é divertido ser a víctima, a persoa da que se rin os demais». Entrevista en «La Pequeteca», de RTVE, sobre: «Quokka Moka»

O programa La Pequeteca, de RTVE -Radio 5-, emitiu unha entrevista coa escritora e xornalista María Solar sobre o libro: Quokka Moka, publicado por Xerais na colección: Merlín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Ledicia Costas: «Para min a literatura é unha ferramenta para intentar comprender este mundo que estamos construindo». Entrevista no Telexornal Galicia de RTVE sobre: «Infamia»

O Telexornal – Galicia, de RTVE, emitiu unha entrevista coa escritora Ledicia Costas sobre o libro Infamia, publicado por Xerais na colección Narrativa. A noticia pode verse nesta ligazón.

Mulleres que romperon barreiras de xénero noutros tempos. «Pioneiras» e «Pioneiras 2», de Anaír Rodríguez. Noticia no Telexornal Galicia de RTVE

O Telexornal – Galicia, de RTVE, emitiu unha entrevista con Anaír Rodríguez e Abi Castillo, autora e ilustradora, respectivamente, do libro Pioneiras 2. A noticia pode verse nesta ligazón.

Habilidade para desmitificar o mundo da morte: «Escarlatina, a cociñeira defunta», de Ledicia Costas na web da RTVE

A web da RTVE publicou unha reportaxe de Ana Belén García Flores sobre Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.