Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: salón_do_libro_infantil_e_xuvenil

«A debuxar con Marcopola», obradorio de banda deseñada impartido por Jacobo Fernández Serrano no salón do libro

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o obradoiro de banda deseñada que Jacobo Fernández Serrano impartiu no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.   A toda máquina! Acompañamos a Jacobo Fernández Serrano no obradoiro de banda deseñada que impartiu no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Gloria Sánchez será homenaxeada no Salón do Libro de Pontevedra

A escritora Gloria Sánchez será homenaxeada no Salón do Libro de Pontevedra deste ano 2011 que estará dedicado á «mentira» como tema central. Gloria Sánchez e a súa renovadora obra literaria converteranse na figura nuclear do evento, cunha exposición que se centrará na súa biografía e nos seus libros e outras actividades. Ela mesma, ademais, ofrecerá unha conferencia ao público do Salón.

Agustín Fernández Paz será homenaxeado no Salón do Libro de Pontevedra

O vindeiro 13 de marzo, o Salón do Libro de Pontevedra renderá homenaxe a Agustín Fernández Paz. Durante todo o Salón está instalada unha exposición que percorre a traxectoria autoral de Agustín durante dúas décadas e recrea o ambiente dalgunha das súa sobras máis significativas. No acto de homenaxe intervirán o escritor Xabier P.DoCampo e os músicos Mini e Mero.