Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: samuel_solleiro

Un cóctel de lecturas para beber pouco a pouco: «Gran tiburón branco», de Samuel Solleiro e «Crónicas marcianas», de Ray Bradbury. Reportaxe no xornal «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publicou unha reportaxe sobre unha selección de lecturas entretidas e con “enganche”, con mención a dous títulos publicados por Xerais: Gran tiburón branco, de Samuel Solleiro e Crónicas marcianas, de Ray Bradbury.

Samuel Solleiro: «É naïf afirmar que un non ten en conta a tradición cando escribe». Entrevista de César Lorenzo

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha entrevista con Samuel Solleiro.   Samuel Solleiro: “É “naïf” afirmar que un non ten en conta a tradición cando escribe” Samuel Solleiro (Tui, 1982) é hoxe unha das voces máis poderosas e orixinais da literatura galega. O grupo musical do que forma parte, Ataque Escampe, referencia da música máis popular na nosa lingua entre a xente nova. Mais todos temos un pasado.

Samuel Solleiro: «Teño, co punk, unha relación de amor-odio. Se cadra foi unha cultura sobrevalorada». Entrevista de Montse Dopico

Magazine Cultural Galego, a nova plataforma de comunicación persoal da xornalista Montse Dopico, publica unha entrevista con Samuel Solleiro sobre o seu último poemario, Punk, na que tamén fala da súa novela Gran tiburón branco. (Fotografía de Alba Viñas).

Desenfado e descaro: «Gran tiburón branco», de Samuel Solleiro. Anotación de Alfredo Ferreiro

Alfredo Ferreiro publicou no seu blog unha anotaciónsobre Gran tiburón branco, de  Samuel Solleiro.   Gran tiburón branco, de Samuel Solleiro Esta obra está composta por un conxunto heteroxéneo de relatos que hai que celebrar. En primeiro polo desenfado, case descaro, con que están escritos, o que permite desfrutar dunha lectura divertida que se consome moito antes do que un quixera.

«Literatura, alerta!»: Crítica de Iago Castro Buerger sobre «Gran tiburón branco», de Samuel Solleiro

Protexta publicou recensión crítica de Iago Castro Buerger sobre a novela Gran tiburón branco, de  Samuel Solleiro. Na recensión crítica, titulada «Literatura, alerta!», Iago Castro afonda na análise destes «relatos de frustración cotiá nun estilo pragmático e medido».   Ler ou descargar a recensión crítica en pdf.

Samuel Solleiro: «A postmodernidade remata; hai que asumila como unha época pola que se pasou». Entrevista de Óscar Iglesias

Protexta publicou unha entrevista a Samuel Solleiro sobre a súa última novela, Gran tiburón branco, encabezada polo titular «Todo o que ten que ver co Partido Popular é violento». Na entrevista, feita por Ócar Iglesias, Samuel Solleiro fala de literatura, de política e, moi especialmente da súa obra literaria.

Entrevista con Samuel Solleiro sobre a súa novela «Gran tiburón branco» en CUAC FM

CUAC FM emitiu unha entrevista de Iago Martínez a Samuel Solleiro sobre a súa última novela, Gran tiburón branco.

Exhibir os efectos da sociedade de consumo: «Gran tiburón branco», de Samuel Solleiro. Crítica en Novas da Galiza

O xornal Novas da Galiza publicou unha recensión asinada por A.L. sobre o libro Gran tiburón branco, de Samuel Solleiro.   Gran tiburón branco, de Samuel Solleiro O turista nom vê o grande tubarom branco. Achega-se até os recifes de coral com a sua jovencíssima mulher, contrata mesmo um guia (o qual manterá relaçons sexuais com a sua esposa às suas costas).

Un escritor que non quere ser postmoderno: «Gran tiburón branco», de Samuel Solleiro

Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre a presentación onte en Compostela de Gran tiburón branco, de Samuel Solleiro.   Gran tiburón branco Desque hai máis dunha década publicamos Elexías a deus e ao diaño, temos a convicción que Samuel Solleiro é un dos escritores chamados a ampliar as marxes da narrativa galega contemporánea.

Entrevista a Samuel Solleiro sobre a súa última novela, «Gran tiburón branco»

Letra en obras publicou unha entrevista a Samuel Solleiro sobre a súa última novela, Gran tiburón branco.   «Teño respecto polas novelas e non creo moito na posibilidade de escribilas rápido» Seis anos despois de publicar o ata de agora o seu último libro, Dz ou o libro de esperma, Samuel Solleiro (Tui, 1982) volve ás librarías con Gran tiburón branco (Ed. Xerais).

Presentación de “Gran tiburón branco” de Samuel Solleiro en Compostela

O martes, 30 de outubro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro Gran tiburón branco de Samuel Solleiro. No acto, que terá lugar na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, participarán Ana Salgado, Manuel Bragado e Samuel Solleiro.

Un libro que garante a continuidade do galego como lingua literaria: «Gran tiburón branco», de Samuel Solleiro. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Gran tiburón branco, de Samuel Solleiro.   Cavorcos de desacougo Ficción antipostmoderna Libros como este garanten a continuidade do galego como lingua literaria.