Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: sandalias_verdes_zapatos_azuis_e_cans_negros

Un poemario no que o amor e o desamor conviven e coliden entre os versos: «Sandalias verdes», de Pilar G. Rego. Anotación no «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Román Raña sobre o libro: Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros, de Pilar G. Rego. O libro está publicado por Xerais na colección: Poesía. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Programa de Xerais na Feira do Libro de Compostela 2019

Do 28 de abril ao 5 de maio, no paseo central da Alameda de Compostela, vai ter lugar a Feira do Libro de Santiago 2019. Xerais ten organizado o programa seguinte: Día 28 de abril, domingo: 19:00 horas: Obradoiro arredor do libro Quokka Moka de María Solar, ilustrado por Víctor Rivas. Ao remate sinatura de exemplares. Día 2 de maio, xoves: 19:00 horas: Presentación Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros de Pilar G. Rego.

Novidade: «Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros», de Pilar G. Rego. Uns versos que flúen das cicatrices xusto onde agroma a vida

Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros, de Pilar G. Rego, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. Os versos de Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros flúen do goce do tempo, da luz nas pernas, das cicatrices xusto onde agroma a vida, do niño esfiañado e do adeus. Hai que descalzarse para transitar pola propia vida.