Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: santiago

Desde o xornalismo á ficción: «Sete Caveiras», de Elena Gallego. Texto de Marta Rodríguez

Reproducimos o texto que Marta Rodríguez leu na presentación de obre Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad na libraría Couceiro de Santiago o pasado 3 de abril, así como este enlace a un podcast do programa O Clube das Nove, de Onda Cero Ourense, que presentaban as propias Marta Rodríguez e Elena Gallego.

Presentación «O bosque é grande e profundo» en Santiago

O xoves, 19 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro, praza de Cervantes 6 de Santiago, presentarase a novela de Manuel Darriba O bosque é grande e profundo. No acto participarán Diego Ameixeiras, Fran Alonso e o autor.

Presentación «Ámote Leo A.» en Santiago

O mércores, 18 de decembro, ás 19:30 horas, na Biblioteca Pública Ánxel Casal, avenida de Xoán XXIII s/nº, de Santiago, terá lugar a presentación do libro Ámote Leo A. Destino xalundes de Rosa Aneiros. No acto, organizado pola Biblioteca Ánxel Casal e Xerais, participarán Fran Alonso e a autora.

Presentación «Retallos daquela infancia» en Santiago

Presentación «Retallos daquela infancia» en Santiago

O xoves, 12 de decembro, ás 20:30 horas, no Espazo Enocultural Vide, vide!, Fonte de San Antonio 10, baixo de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez. No acto, organizado pola Asociación Cultural o Galo e Xerais,  participarán Carlos Callón, Manuel Bragado e o autor.

Presentación “Matarte lentamente” en Santiago

O mércores, 11 de decembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, praza de Cervantes 6 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Matarte lentamente de Diego Ameixeiras. No acto participarán Marta Rodríguez, Manuel Bragado e o autor.

Presentación de «Cadeas» en Santiago

O mércores, 4 de decembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro , praza de Cervantes 6 de Santiago terá lugar a presentación da novela Cadeas de Xabier López López, premio Xerais de novela 2013. No acto participarán Ramón Nicolás,  Fran Alonso e o autor.

Salma, autora de «Despois da medianoite», visitará esta semana en Galicia

Hoxe domingo chegou a Galicia Salma para participar nos actos de presentación da novela Despois da medianoite, (Irandaan Jaamangalain Kathai ), un fito na literatura tamil, traducida para o galego por María Reimóndez.

Presentación de «Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo», de Xesús Alonso Montero o próximo luns en Compostela

O próximo luns 2 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar na libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), en Camariñas, a presentación do libro Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero. O acto, organizado por Xerais e a libraría Couceiro, contará coa participación de Antón Santamarina, Manuel Bragado e Xesús Alonso Montero.

O Espazo Tintimán protagoniza o Nadalxogo de Compostela

O alcalde de Santiago coñeceu no serán de onte, os corazóns de chocolate! (e foi consciente de que son bombas calóricas) no Espazo Tintimán que se organizou no Nadalxogo de Santiago. Tamén informouse de quen é Tintimán (interpretado polo actor Alberto Rolán) e animoumo “a investigar esa seita”. O programa de actividades do Espazo Tintimán en Nadalxogo pode descargarse aquí.

«Todo é silencio», a presentación en Couceiro

Couceiro from Fernando Lema on Vimeo. Eis o magnífico vídeo que preparou Fernando Lema do acto da presentación o pasado 14 de outubro na praza de Cervantes de Todo é silencio de Manuel Rivas, organizado pola Libraría Couceiro. Iria Peña canta o fado «Chaves da vida», acompañada nas guitarras por Miguel Ladrón de Guevara e Gastón Rodríguez.

«Luz de Tebra», de Ánxel Vázquez de la Cruz, presentación en Compostela

«Luz de Tebra», de Ánxel Vázquez de la Cruz, presentación en Compostela

O vindeiro xoves 11 de novembro, ás 20,00 horas na Aula Castelao da Facultade de Medicina e Ondontoloxía da USC, presentarase Luz de Tebra, o libro de relatos de Ánxel Vázquez de la Cruz. Acompañarán ao autor Xosé María Fraga, Manuel Sánchez Salorio, Dolores Vilavedra e o editor Manuel Bragado.

«O coitelo en novembro», de Marilar Aleixandre, presentación o próximo xoves en Santiago

O coitelo en novembro, a última novela de Marilar Aleixandre, será presentada o vindeiro xoves na libraría Couceiro de Santiago de Compostela. O acto, que contará coa intervención de Víctor Freixanes, Manuel Bragado e a propia autora, terá lugar ás 20,00 horas, nas instalacións da librería Couceiro (Praza de Cervantes, 6, Santiago de Compostela).