Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: santiago_lopo

Presentación en Pontevedra de “A arte de trobar” de Santiago Lopo

O mércores 20 de decembro de 2017 ás 20:00 horas, no Salón de Actos d’ A Casa das Campás, Rúa Don Filiberto, 9-11, Pontevedra, terá lugar a presentación da novela A arte de trobar de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017 No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, participarán Kiko da Silva, Xaime Toxo, Manuel Bragado e o autor.

Un tema apaixonante para un historia de camiños cunha trama eficaz: «A arte de trobar», de Santiago Lopo. Crítica de Chus Nogueira

 O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre a novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Santiago Lopo: «Quería poñer en valor a figura das trobadoras en Galicia»

 O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní ao escritor Santiago Lopo sobre a novela  A arte de trobar, Premio Xerais 2017. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

A resistencia cultural, a represión dos cátaros, a diglosia e o xénero nunha novela de intriga e realidade histórica: «A arte de trobar», de Santiago Lopo. Crítica de Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela  A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais 2017. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Santiago Lopo: «No século XIII, o galego-portugués era lingua de referencia en toda Europa. Non podemos aceptar a derrota e hai manter prendida a chama da lingua e da cultura»

 O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Belén López ao escritor Santiago Lopo sobre a súa novela A arte de trobar, gañadora do Premio Xerais 2017. (Foto: Javier Cervera-Mercadillo / Diario de Pontevedra). A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Santiago Lopo: «Ao longo de toda a novela queda claro que paga pena loitar pola nosa cultura e a nosa lingua»

 O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor Santiago Lopo sobre a súa novela A arte de trobar, gañadora do Premio Xerais de Novela 2017. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Conversa de Ledicia Costas e Santiago Lopo na presentación de «A arte de trobar», unha novela histórica ambiciosa

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a conversa que mantiveron os escritores Ledicia Costas e Santiago Lopo no acto de presentación da novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais 2017.

Magnífica novela dun tempo en que se forxou a nosa identidade cultural: «A arte de trobar», de Santiago Lopo. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión sobre a novela  A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais 2017.

«A arte de trobar», de Santiago Lopo, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais 2017. O programa pode verse nesta ligazón.

Santiago Lopo: «Unha boa novela debe ser quen de entreter, ensinar e facernos pensar»

 O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao escritor Santiago Lopo sobre a súa novela A arte de trobar, gañadora do Premio Xerais de Novela 2017. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “A arte de trobar” de Santiago Lopo

O venres, 17 de novembro, 2017, ás 20:00 horas, na librería Librouro, rúa  Eduardo Iglesias, 12, Vigo, terá lugar a presentación do libro  A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela, 2017. No acto acompañarán ao autor Ledicia Costas e Manuel Bragado.

Fascinante lobelo narrativo: «A arte de trobar», de Santiago Lopo. Crítica de Berta Dávila

A escritora Berta Dávila publicou no xornal dixital Praza Pública unha recensión crítica sobre a novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais 2017. De libros: De tránsitos e memoria Vén o outono coa novela premiada no Xerais nos días derradeiros da primavera pasada.