Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: santiago_lopo

A novela «A arte de trobar», de Santiago Lopo, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros

A novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de novembro. A Tabela dos libros é unha valoración crítica a xeito de rankquing que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, con carácter mensual, para a que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Estilo coidado, fresco, con humor e moita reflexión sobre un tempo de tensión: «A arte de trobar», de Santiago Lopo. Crítica de Ramón Rozas

 O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre a novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha novela curta, entretida e suxestiva para achegarse á luz da Idade Media: «A arte de trobar», de Santiago Lopo. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017.

Santiago Lopo: «A Galicia do século XIII estaba no seu máximo esplendor cultural e Europa vivía un momento moi convulso»

O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar ao escritor Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017, coa novela A arte de trobar. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Santiago Lopo: «Quixen coa novela facer unha aventura amena e divertida no século XIII, incluíndo as cantigas»

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por diante, da Radio Galega, entrevistou a Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017, coa novela A arte de trobar. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Novela imprescindible na aula: «A arte de trobar», de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017. Recensión de Anxos Rial

O blog Sala de Lectura, ferramenta didáctica da profesora Anxos Rial, publicou unha recensión sobre a novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017.     «A arte de trobar» de Santiago Lopo O premio Xerais  deste ano 2017 xa é un imprescindible para levar a aula e a través da ficción presentarlles aos nosos rapacese rapazas a nosa lírica medieval.

Novidade: «A arte de trobar», de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017. Unha novela luminosa

A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017 é unha novidade de Xerais. Premio Xerais de Novela, 2017 No século XIII, unha “troupe” de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en cruentas loitas de poder.

Booktráiler de «A arte de trobar», de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017

Reproducimos o booktráiler de A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017, que  chegará ás librarías o día 12 de outubro.

Personaxes vívidas e vibrantes: «A arte de trobar», de Santiago Lopo. Premio Xerais de Novela 2017. Recensión de Diana Pastoriza

Diana Pastoriza, profesora de inglés na EOI e asesora TIC no CAFI e membro membro do xurado do Premio Xerais de Novela 2017, publicou no seu blog, Palabras da man ao corazón, unha anotación sobre a novela gañadora, A arte de trobar, de Santiago Lopo. A novela galardoada co Premio Xerais 2017 chegará ás librarías o día 12 de outubro.

Premios Xerais 2017. Entrevistas en vídeo: Lois Pérez, membro do xurado do Premio Xerais de Novela

Premios Xerais 2017. Entrevistas en vídeo: Santiago Lopo, gañador do Premio Xerais de Novela

Santiago Lopo: «Moitas persoas das que lean a novela van quedar sorprendidas coas cantigas de maldizer»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Santiago Lopo sobre a súa novela A arte de trobar, gañadora do Premio Xerais de Novela 2017.   Santiago Lopo: «Quero que o lector se decate de que os seus prexuízos de xénero marcan a comprensión da novela Non só os homes destacaban, na Idade Media, na arte de trobar.