Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: santiago_lopo

“Peaxes”, crítica en “Culturas”

“Peaxes”, crítica en “Culturas”

Ramón Nicolás publicou o pasado sábado, 9 de maio, no suplemento “Culturas” de La Voz de Galicia unha crítica de Peaxes, a novela de Santiago Lopo.

Entrevista a Santiago Lopo en «Faro de Vigo»

Entrevista a Santiago Lopo en «Faro de Vigo»

Faro de Vigo publica hoxe unha entrevista a Santiago Lopo realizada con motivo da presentación de Peaxes en Vigo esta semana. Lopo define a súa obra como «unha novela cun estilo áxil e con moito ritmo. A acción é fundamental e a relación coas persoas levará a un final apoteósico. Funciona moi ben co público de calquera idade.

«Peaxes», crítica en «Faro da Cultura»

«Peaxes», crítica en «Faro da Cultura»

Armando Requeixo publica hoxe en «Faro da Cultura» unha crítica sobre Peaxes, a novela de Santiago Lopo. Requeixo salienta que esta novela curta «pode ser unha moi agaradable inmersión de lectura na realidade plural e non sospeitada de xentes do común». [Premer sobre a imaxe para ler a crítica con maior comodidade.

«Peaxes», presentación en Vigo

«Peaxes», presentación en Vigo

Mañá, mércores, 29 de abril, ás 20:00 horas, na libraría Librouro de Vigo, terá lugar a presentación do libro Peaxes de Santiago Lopo.

A música de «Peaxes»

A música de «Peaxes»

O crítico Xosé Manuel Eyré tivo a paciencia de elaborar unha relación completa dos temas musicais que aparecen na novela Peaxes de Santiago Lopo. «Police and de thieves»…….Junior Murvin/Lee Perry «Just a visitor»………………..Fellow Travellers «Wat a wonderful world»……Louis Armstrong «Ave María»…………………..

«Peaxes», Santiago Lopo

«Peaxes», Santiago Lopo

Santiago Lopo debuta no catálogo de Xerais Narrativa con Peaxes, unha novela breve protagonizada por un caixeiro de peaxe da autoestrada. Peaxes chegará ás librarías a vindeira semana. Desde a súa ventá ao mundo, un caixeiro de peaxe da autoestrada bota unha ollada ás fraccións de vidas que se cruzan con el acotío. Esas instantáneas compoñen unha colaxe que lle axuda a fuxir da soidade.

Xerais, novidades de marzo

Xerais, novidades de marzo

No vindeiro mes de marzo Xerais publicara unha ducia de novidades. No eido da edición literaria, na colección Xerais Narrativa aparecerán a novela Peaxes de Santiago Lopo e o libro de relatos Para seguir bailando de Francisco X. Fenrández Naval. En Xerais Crónica publicaranse as Conversas con Celso Emilio Ferreiro preparadas por Ramón Nicolás Rodríguez. Na serie Letras Galegas a novela de Daniel Ameixeiro Ramón Piñeiro.

Xerais 2009: trinta aniversario, 3.000 títulos

O plan editorial 2009 de Xerais estará marcado polo trinta aniversario de creación do noso proxecto e por superar, a inicios da vindeira primavera, os tres mil títulos editados.

Xerais Narrativa, adianto de novidades 2009

Xerais Narrativa, adianto de novidades 2009

Ademais da novela de François Bégaudeau, A clase, ao longo deste mes de xaneiro aparecerán outras dúas: Riofero de Xelís de Toro e Monbars o Exterminador de Hixinio Puentes, último Premio de Narrativa galego portuguesa Eixo Atlántico.