Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: sarou_louzós

As novas tendencias da novela negra: «Todo ok», «A punta de pistola» e «Sarou / Louzós»

Ramón Nicolás publicou o no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre as novas tendencias da novela negra en Galicia, incluíndo unha selección de cinco novelas, entre as que hai tres de Xerais: Todo ok, de Diego Ameixeiras; A punta de pistola, de Fran Alonso, e Sarou / Louzós de Ramón Caride.

Vídeo da presentación do libro «Sarou / Louzós», de Ramón Caride, durante o Culturgal

Vídeo publicado por Redelibros da presentación do libro Sarou / Louzós, de Ramón Caride, durante o Culturgal.

Presentación en Maceda de “Sarou / Louzós” de Ramón Caride

O xoves, 27 de decembro, ás 19:30 horas, na Librería Ler, Praza Maior de Maceda, terá lugar a presentación do libro Sarou / Louzós de Ramón Caride. No acto participarán Alejandro Vázquez, Avelina Losada, Francisco Prol e o autor. Estrea do booktráiler do libro realizado por David M. Fidalgo.

Historias que arreguizan o corpo: «Sarou / Louzós», de Ramón Caride. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Sarou / Louzós, de Ramón Caride.     Mundos pouco compracentes Coñecía, desde había algún tempo, a intención que Ramón Caride atesouraba para publicar un libro como o que agora se dá a coñecer baixo o título de Sarou/Louzós.

Ramón Caride: «empecei a escribir en 1981, época de gran efervescencia política, cando descubrín que existía a literatura en galego». Entrevista de Sabela Pinal

O xornal La Región publicou o pasado mércores 21 unha entrevista de Sabela Pinal con Ramón Caride na que fala, entre outros temas, no seu novo libro de relatos Sarou /  Louzós , así como do papel dos escritores en tempos de crise, da situación social e demográfica que se vive en Ourense, da súa traxectoria como escritor e dos seus comezos na literatura.

Ramón Caride: «Os meus relatos do xénero negro teñen como referencia a novela realista»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela con Ramón Caride sobre o seu novo libro de relatos Sarou /  Louzós.

«Sarou / Louzós», de Ramón Caride: maxistrais relatos de escuro e violento realismo. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Sarou / Louzós, de Ramón Caride.

«Sarou / Louzós», de Ramón Caride: unha das mellores novelas negras das nosas letras. Crítica de Xosé Manuel Eyre

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre Sarou / Louzós, de Ramón Caride.   Sarou /  Louzós   Reactualizando a mellor narrativa negra Xerais reedita unha das mellores novelas negras das nosas letras, Sarou/Louzós, unha obra de Ramón Caride Ogando.

«Sarou / Louzós», de Ramón Caride: a mellor narrativa do xénero negro. Anotación de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog unha anotación sobre Sarou /  Louzós, de Ramón Caride.   Sarou /  Louzós   E nas mans da mellor negra Narrativa da mellor, en xénero negro, abro esta mañá cun regusto a boas lecturas xa feitas.

Entretemento, formación e calidade literaria en «Sarou/Louzós», de Ramón Caride. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Sarou /  Louzós, de Ramón Caride.   Sarou / Louzós Dúas Galicias Reúne neste volume Ramón Caride un conxunto de relatos breves que xiran arredor de dous ámbitos xeográficos, a Galicia da costa, máis concretamente da ría de Arousa (Sarou) e a Galicia do interior (Louzós).

Ramón Caride: «Leo as noticias de sucesos porque hai situacións que superan a ficción». Entrevista sobre «Sarou/Louzós»

A edición de Arousa de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Anxo Martínez con Ramón Caride sobre o seu novo libro de relatos Sarou /  Louzós.

Novidade: «Sarou / Louzós», de Ramón Caride. Relatos da serie negra

Sarou /  Louzós, de Ramón Caride, é unha das novidades de Narrativa deste verán.