Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: silencio

Literatura sen adxectivos: Fina Casalderrey e Fran Alonso. Anotación de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey e sobre Silencio, de Fran Alonso.   LITERATURA SEN ADXECTIVOS: FINA CASALDERREY E FRAN ALONSO Acabo de ler dous libros que me encantaron. Dous libros de dúas persoas que quero e admiro: Fina Casalderrey e Fran Alonso.

Fran Alonso: «O silencio hoxe é algo que nos estraña porque o adn da nosa sociedade está feito con ruído»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista a Fran Alonso sobre a súa novela Silencio.

Unha dinámica áxil e efectiva: Anotación de Ramón Nicolás sobre a presentación de «Silencio», de Fran Alonso

Ramón Nicolás publicou no seu blog, Caderno da crítica, unha anotación sobre a presentación de Silencio, de Fran Alonso, que tivo lugar no  IES Valadares de Vigo e se retransmitiu por videoconferencia ao IES Saturnino Montojo de Ferrol.

Xerais no Culturgal 2014. Programa do venres, 5 de decembro

Xerais preparou un programa de actividades para desenvolver no Culturgal 2014, do venres 5 ao domingo 7 de decembro, que como en edicións anteriores desenvolverase nas instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra. Programa do Venres 5 de decembro 11:30 a 12:15 horas: Espazo Infantil. Encontro con escolares de Anxo Fariña, autor e ilustrador da serie (5 títulos) Os Megatoxos.

«Silencio», de Fran Alonso, preséntase mañá por videoconferencia ante o alumnado dun instituto de Vigo e outro de Ferrol

A novela Silencio, de Fran Alonso, publicada na colección Fóra de Xogo, será presentada mañá ás 10,30 da mañá por videoconferencia ante o alumnado dun Instituto de Vigo e outro de Ferrol. O encontro terá lugar no IES Valadares de Vigo, desde onde será retransmitido ao IES Saturnino Montojo de Ferrol, que participará de forma activa.

Fran Alonso: «O xornalismo necesita incorporar puntos de vista relacionados coa ficción para recuperar credibilidade». Entrevista de César Lorenzo

Biosbardia publica unha entrevista de César Lorenzo Gil a Fran Alonso centrada na súa novela Silencio e noutros temas do ámbito do libro, da literatura e da edición.   Fran Alonso: “Hoxe hai espazo para unha nova editorial de narrativa galega” Xerais reedita a novela curta para público xuvenil Silencio, de Fran Alonso (Vigo, 1963). O escritor móvese ben entre xéneros: novela, relato, poesía.

Final precipitado, que desconcerta: «Silencio», de Fran Alonso. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre a novela Silencio, de Fran Alonso. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

As boas historias nunca se esgotan: «Silencio», de Fran Alonso. Crítica de Laura Blanco Casás

Laura Blanco Casás publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela Silencio, de Fran Alonso. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Booktráiler de «Silencio», a nova novela de Fran Alonso na colección Fóra de Xogo

Booktráiler da novela Silencio, de Fran Alonso, que se publicou na colección Fóra de Xogo, realizado polo propio autor.

Unha novela que camiña cara o misterio e o absurdo: «Silencio», de Fran Alonso. Comentario crítico de Chus Nogueira no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira  sobre a novela Silencio, de Fran Alonso.

Cun rexistro directo e fluído e a obsesión do protagonista por resolver o misterio: «Silencio», de Fran Alonso. Crítica de Alba Rozas

Alba Rozas Arceo publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre Silencio, de Fran Alonso.

Entre Kafka e o novo xornalismo: «Silencio», de Fran Alonso. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre Silencio, de Fran Alonso.    Entre Kafka e o novo xornalismo Case vinte anos despois da primeira edición de Silencio (1995), ofrécesenos agora esta nova edición nunha colección dirixida a un público xuvenil.