Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: soños_arquivos_cartas

Lemos isto e percórrenos un fulgurante arrepío, todo o volume está cheo de incendios verbais de irradiación infinita: «Soños. Arquivos. Cartas», de María do Cebreiro. Crítica de Román Raña

O suplemento Faro da Cultura do xornal Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o libro de poemas Soños. Arquivos. Cartas, de María do Cebreiro. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

María do Cebreiro: «Máis que un libro de poemas, esta obra é un diálogo a través da escrita onde a vida corre polas páxinas como un río de sangue.» Entrevista no «Diario Cultural» sobre «Soños. Arquivos. Cartas»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista coa escritora María do Cebreiro sobre o seu libro Soños. Arquivos. Cartas. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Un libro fragmentario, que é pura transgresión das fronteiras literarias: «Soños. Arquivos. Cartas», de María do Cebreiro. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre o libro de poemas Soños. Arquivos. Cartas, de María do Cebreiro.   Crítica de «Soños. Arquivos.

«Soños, arquivos, cartas», de María do Cebreiro, no programa da TVG «Cada día un libro». A poesía entendida como un xeito privilexiado de abrirse aos outros

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao libro de poemas Soños, arquivos, cartas, de María do Cebreiro. O espazo pode verse nesta ligazón.

Presentación en Compostela de “Soños. Arquivos. Cartas” de María do Cebreiro

O martes 8 de maio de 2018 ás 20:00 horas, en NUMAX, Concepción Areal, 9, Santiago, terá lugar a presentación do libro Soños. Arquivos. Cartas de María do Cebreiro. No acto participarán Xiana Arias, Fran Alonso e María do Cebreiro.

O libro de poemas «Soños. Arquivos. Cartas», de María do Cebreiro, e a novela «Noites de safari», de Marleen MaLone, lideran os máis recomendados na Tabela dos Libros de abril

O libro de poemas Soños. Arquivos. Cartas, de María do Cebreiro, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de abril. En terceiro lugar sitúase a novela Noites de safari, de Marleen MaLone, subtitulada «Manual sobre amantes desorientados» por Iolanda Zúñiga.

Novidade: «Soños. Arquivos. Cartas», de María do Cebreiro. Unha obra experimental e aberta que establece un diálogo entre o diario poético e o xénero epistolar

Soños. Arquivos. Cartas, de María do Cebreiro, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. Soños. Arquivos. Cartas é unha obra experimental e aberta que entra en diálogo co diario poético e co xénero epistolar, explorando os puntos de xuntura entre estas dúas modalidades de escrita.