Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: sopa_de_libros

Fran Alonso: «Poesía e arte urbana encaixan moi ben porque comparten unha orixe común.»

O programa Chamando á Terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar a Fran Alonso, director de Xerais e autor do libro Street Poems.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

O respecto á diferencia: «Feliz Feroz. O lobiño riquiño», de El Hematocrítico. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o libro Feliz Feroz. O lobiño riquiño, de El Hematocrítico, ilustrado por Alberto Vázquez.   Feliz Feroz. O lobiño riquiño Publica Xerais na súa colección Sopa de Libros este libro de El Hematocrítico con ilustracións de Alberto Vázquez: Feliz Feroz.

El Hematocrítico: «Estou moi emocionado coa repercusión que tivo ‘Feliz Feroz’»

A xornalista e escritora María Solar entrevista a Miguel López, El Hematocrítico, na Revista Fin de Semana na TVG, sobre o seu libro Feliz Feroz. O lobiño riquiño, ilustrado por Alberto Vázquez. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Todo un acerto: «Catro cascarolos», de Marilar Aleixandre. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no Caderno da crítica unha recensión sobre o libro Catro cascarolos, de Marilar Aleixandre.   Catro cascarolos, de Marilar Aleixandre Particularmente, sempre leo con máximo interese posible o que unha voz como a de Marilar Aleixandre dea a coñecer. Tanto ten que sexa unha novela para o público adulto, poesía, literatura xuvenil ou, como neste caso, unha obra para un lectorado máis novo.

Grato e suxestivo para todas as idades: «Feliz Feroz. O lobiño riquiño», de El Hematocrítico

Ramón Nicolás publicou no Caderno da crítica unha recensión sobre o libro Feliz Feroz. O lobiño riquiño, de El Hematocrítico, ilustrado por Alberto Vázquez.     Feliz Feroz.

Novidade: «Feliz Feroz. O lobiño riquiño», de El Hematocrítico

Feliz Feroz. O lobiño riquiño, de El Hematocrítico, é unha novidade de Xerais en Sopa de Libros. Está ilustrado por Alberto Vázquez e traducido por Anaír Rodriguez. A irmá de Lobo Feroz está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz: é boísimo. Feroz dille que o mande uns días para a súa casa, que xa se encarga el de convertelo nun lobo de verdade.

Booktrailer de «Un niño no xardín«, de Xoán Neira, ilustrado por Ánxeles Ferrer

Booktrailer de Un niño no xardín, de Xoán Neira, ilustrado por Ánxeles Ferrer.

Entrevista co Xoán Neira: «Un niño no xardín» é un achegamento á natureza desde a poesía infantil

A edición da Mariña de La Voz de Galicia e de El Progreso publicaron entrevistas a Xoán Neira sobre o seu novo libro de poesía infantil Un niño no xardín, que leva ilustracións de Ánxeles Ferrer. As entrevistas poden descargarse, completas, en pdf.

Reedición de “Os negocios do señor Gato”

Reedición de “Os negocios do señor Gato”

Chegou ás nosas máns os primeiros exemplares da reedición, na colección Sopa de Libros, do fermoso libro Os negocios do señor Gato de Gianni Rodari, traducido ao galego por Silvia Gaspar. ¿Pode haber algo máis suculento ca un rato en lata? É o que o serñor Gato pretende vender na súa flamante tenda de alimentación.