Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: street_poems

Actos de Xerais na Feira do Libro de Cambados 2019

Do 16 ao 22 de xuño no Paseo Calzada de Cambados terá lugar a I Feira do Libro de Cambados na que Xerais ten os seguintes actos: Venres 21 de xuño ás 19:15 horas: Presentación de Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza de Pepe Barro. Acompañará ao autor Victor Caamaño.       Venres 21 de xuño ás 19:30 horas: Ledicia Costas asinará exemplares das súas obras na caseta da libraría Cartabón.

Once títulos de Xerais forman parte da Selección OEPLI, 2018

A OEPLI e as súas seccións territoriais: Consejo, ClijCat, Galtzagorri e Gálix, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, edita o catálogo LITERATURA INFANTIL E XUVENIL ESPAÑOLA. Selección OEPLI 2018. Un libro/catálogo coa selección bibliográfica dos mellores libros infantís e xuvenís de escritores e ilustradores españois publicados ao longo do ano pasado.

Dezaseis títulos publicados por Xerais optan aos Premios da IV Gala do Libro Galego 2019

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) convocan a cuarta edición dos Premios Gala do Libro Galego, que se celebrará sábado 11 de maio de 2019 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Dazaseis títulos publicados por Xerais están entre as obras finalistas: Ensaio e investigación – Común temos a patria.

Poemas que removen conciencias e non deixan indiferente a ninguén: «Street Poems», de Fran Alonso. Crítica de Antonio García Teijeiro en «Remuíño de libros»

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o poemario Street Poems, de Fran Alonso.   «Street Poems», de Fran Alonso   Dende que lin Cidades, hai xa ben anos, comprendín que a poesía de Fran Alonso (Vigo, 1963), dirixida á mocidade, levaba unha orientación innovadora e estaba enfocada a presentar moitos camiños ao lectorado.

Fran Alonso: «Concibo a literatura como exploración, como xeito de experimentación.» Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Fran Alonso, director de Edicións Xerais de Galicia, sobre os libros de poemas Terraza e Street Poems, ademais de Estado de malestar, unha proposta poética desenvolvida a travésa da rede social Twitter (imaxe: Praza Pública).

Textos que retan o lector-espectador a mirar de novo e buscar a outra dimensión da imaxe á que acompañan: «Street Poems», de Fran Alonso. Crítica na revista «CLIJ»

A revista CLIJ (Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil) publicou unha recensión de María Jesús Fernández sobre o libro de poemas Street Poems, de Fran Alonso. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A sección Elos de Lectura do xornal «El Correo Gallego» recensiona as obras infantís e xuvenís «Street Poems» de Fran Alonso, «Pioneiras» de Anaír Rodríguez e «O ladrón de soños» de Sabela Fernández-Trelles

                    A sección Elos de Lectura do xornal El Correo Gallego recensiona as obras infantís Street Poems de Fran Alonso, Pioneiras de Anaír Rodríguez e O ladrón de soños de Sabela Fernández-Trelles. A recensión poden lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Entre o reflexivo e o evocador, sempre co trasfondo da crítica e o compromiso social: «Street Poems», de Fran Alonso. Recensión de Armando Requeixo

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre Street Poems, de Fran Alonso. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Un espazo de confluencia entre as artes plásticas e a poesía.» O libro de poemas «Street Poems» de Fran Alonso, no programa «Cada día un libro» da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao libro de poemas Street Poems, de Fran Alonso. O espazo pode verse nesta ligazón.

Fran Alonso: «Sempre estou preocupado por buscar novas formas para a poesía infantil e xuvenil, un dos xéneros historicamente menos renovados.» Entrevista no «ZigZag Diario» sobre «Street Poems»

No programa Zig-Zag da TVG entrevistaron o escritor Fran Alonso con motivo da publicación do libro de poemas Street Poems. A entrevista pode verse nesta ligazón.

A poesía cando é auténtica xorde da alma e do que nos rodea, do corazón e do aire que respiramos, e abofé que este volume así o demostra: «Street Poems», de Fran Alonso. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou nas páxinas dos xornais Faro de Vigo e La Opinión unha recensión crítica sobre o libro de poemas Street Poems, de Fran Alonso. As recensións críticas poden lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón (Faro de Vigo) e nestoutra (La Opinión).

A poesía como ferramenta para traballar a lingua, a imaxe, o espírito crítico, a rebelión: «Street Poems», de Fran Alonso. Crítica en Brabádegos

O blog de literatura infantil Brabádegos publicou unha recensión crítica sobre Street Poems, de Fran Alonso. O verso do graffiti ten a beleza sorprendente e salvaxe dun elefante que nunca se deixa dominar Ás veces aparecen libros que son ferramentas moi útiles para a dignificación da lingua, obras especiais que nos amosan o cotiá, o atractivo do cotiá, como ferramenta normalizadora que podemos empregar.