Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: susana_pedreira

Presentación en Pontevedra de “Un lume azul” de Pedro Feijoo

O xoves 12 de decembro de 2019, ás 19:30 horas, na librería Cronopios, Frei Juan de Navarrete 5, Pontevedra, terá lugar a presentación da novela Un lume azul de Pedro Feijoo. No acto a xornalista Susana Pedreira entrevistará a Pedro Feijoo.

Presentación en Pontevedra de “Infamia” de Ledicia Costas

O mércores 22 de maio de 2019, ás 19:30 horas, na libraría Cronopios, Frei Juan de Navarrete, 5, Pontevedra, terá lugar a presentación da novela Infamia de Ledicia Costas. No acto a xornalista Susana Pedreira conversará con Ledicia Costas.

Presentación en Pontevedra de “Rafael Dieste. O libre pensamento” de Luís Rei Núñez

O luns 8 de abril de 2019 ás 20:00 horas, no Espazo Nemonon, Marques de Riestra, 11-1º, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Rafael Dieste. O libre pensamento de Luís Rei Núñez. No acto as xornalistas María Varela e Susana Pedreira conversarán co autor.

Presentación en Pontevedra de “Michigan/Acaso Michigan” de Antón Reixa

O venres 23 de novembro de 2018 ás 19:30 horas, na libraría Cronopios, Frei Juan de Navarrete, 5, Pontevedra, a xornalista de Onda Cero Susana Pedreira entrevistará a Antón Reixa, autor do libro Michigan/Acaso Michigan.

Presentación en Pontevedra de “Fóra de si” de Suso de Toro

O venres 6 de abril de 2018 ás 19:30 horas, na librería Cronopios, Frei Juan de Navarrete, 5, Pontevedra, terá lugar a presentación da novela Fóra de si de Suso de Toro. Susana Pedreira, xornalista en Onda Cero, entrevistará a Suso de Toro.

Festa dos Libros. Pontevedra 2017. Libros de Xerais

Os días 23, 24 e 25 de xuño, na praza da Ferrería de Pontevedra, terá lugar a Festa dos Libros, 2017 organizada polo Concello de Pontevedra e as librarías de Pontevedra. O amplo programa desenrolarase  de venres e sábado de 11.00 a 14.30 h e de 18.00 a 23.30 h e o domingo de 11.00 a 14.30 h e de 18.00 a 22.00 h. As actividades de obras publicadas por Xerais son: Venres, 23 18.

Lectura, presentación e coloquio arredor da novela “O último día de Terranova” de Manuel Rivas en Santiago

O venres, 19 de febreiro, ás 20:00 horas, na librería Cronopios, rúa Alfredo Brañas, 24 de Santiago, a xornalista Susana Pedreira manterá unha conversa con Manuel Rivas sobre a súa novela O último día de Terranova.

Pedro Feijoo: «A heroicidade está nas pequenas cousas diarias»

A web de Onda Cero reproduce a entrevista que a xornalista Susana Pedreira lle fixo ao escritor Pedro Feijoo  na libraría Cronopios sobre a súa última novela,  Morena, perigosa e románica. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Presentación en Pontevedra de “Morena, perigosa e románica” de Pedro Feijoo

O xoves, 29 de outubro, ás 19:30 horas, na librería Cronopios, rúa  Frei Juan Navarrete, 5, Pontevedra, a xornalista de Onda Cero, Susana Pedreira, entrevistará, nun acto aberto ao público,  ao escritor Pedro Feijoo pola súa novela Morena, perigosa e románica.

Xerais na Feira do Libro de Pontevedra 2015

Do 14 ao 19 de abril, na Praza da Ferrería e Paseo Odriozola de Pontevedra, terá lugar Feira do Libro. Para esta  primeira Feira do Libro do ano 2015,  na que participará como pregoeiro Fernando Filgueira, presidente da Fundación Filgueira Valverde, Xerais organizou os seguintes actos: Día 15 de abril, mércores 18:45 h.: Lectura Pública da obra de Fina Casalderrey e sinatura de libros. 20:00 h.

Dolores Redondo: «As historias máxicas da miña novela proceden da miña avoa galega»

A web de Onda Cero reproduce a entrevista que a xornalista Susana Pedreira lle fixo á escritora Dolores Redondo en torno ao libro Ofrenda á tormenta na libraría Cronopios de Pontevedra.

A escritora Dolores Redondo visita Galicia

A semana do 16 ao 20 de febreiro, Dolores Redondo, autora da exitosa triloxía ambientada no Val de Baztán, visitará Galicia para manter varios encontros cos seus numerosos lecto@s Os tres títulos, O gardián invisible, Legado nos ósos e Ofrenda á tormenta , publicados por Xerais na colección Narrativa, están traducidos a trece linguas: francés, alemán, inglés, turco, castelán, italiano, catalán, portugués do Brasil, norueg